Arquivo da categoría: Noticias

Múdase o procedemento na solicitude dos bonos axuda para conciliar a vida laboral e familiar

 

imagesCAD42CK2Os bonos axuda Ribadeo unha vila para a conciliación  pasan a regularse por unha Ordenanza municipal, a Ordenanza Municipal reguladora de axudas para a conciliación de vida laboral e familiar   aprobada no Pleno o día….

Nesta ordenanza modifícase  o procedemento  de aceso ao programa.  Agora as axudas económicas otorgáranse ás familias previa solicitude das necesidades para o trimestre.

Terán que presentar a solicitude no Rexistro  Xeral do Concello coa documentación xustificativa conforme reúnen os requisitos esixidos.  Unha vez valorada polo Concello se lle fará a transferencia da axuda económica que terá que xustificar por medio de factura unha vez   efectuado o  gasto no servizo correspondente.

 REQUISITOS:

Para ser beneficiario/a  desta axuda  deberá cumprir  os seguintes requisitos:

1º. A/o menor/a deberá estar empadroado en Ribadeo. Asemade tanto a nai ou no seu caso o pai solicitante ou o/a  titor/a  legal deberán  estar empadroados e  ter a súa residencia habitual no Concello de Ribadeo. No caso de separación ou divorcio este requisito só será esixible a/ o  proxenitor/a que tivese a garda e custodia.

2º Que a renda da unidade de  convivencia non supere  os 1500€ netos mensuais se ten un fillo/a ao seu cargo ou 1800€ netos mensuais con dous ou máis fillos ao seu cargo.

3º Non dispor de bens inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa un dereito de propiedade, que, polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade para a que se solicita a axuda

4º. O servizo de ludoteca/ Programa  Bos Días subvencionárase soamente naqueles casos en que se utilicen as horas para conciliar a vida laboral e familiar. Será preciso que se hai unha parella traballen fóra do fogar os dous membros da unidade familiar e en horarios coincidentes.

5º. Entenderase por conciliación da vida laboral e familiar todas aqueles casos de:

  • Ampliación da formación: estudos secundarios, universidade, preparación de oposición ou certificados de profesionalidade, cursos de formación ocupacional, exames …
  • Motivos laborais: horario laboral, entrevista de traballo, horas extra, …
  • Urxencias: casos de enfermidade da persoa que se fai cargo das crianzas ( coidador/a), hospitalización dalgún membro da familia
  • Motivos sociais : familia formada por un só proxenitor/a que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación psicosocial difícil  e se valore necesaria a socialización da/o menor

CUANTÍA: A contía da axuda ascenderá a  50% do custe por cada hora de estancia no servizo de conciliación

untitled

DOCUMENTACIÓN A ACOMPAÑAR COA SOLICITUDE:O prazo para presentar as solicitudes será ao longo de todo o ano. A  documentación obrigatoria a achegar:

  • Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade(D.N.I.) ou Número de Identificación de Estranxeiría (N.I.E) do pai/nai o titor/a que solicite a  axuda. Só no caso de non dispor dos anteriores documentos, achegaranse copias cotexadas os pasaportes.
  • Copia cotexada do libro de familia. En caso de non dispor de libro de familia achegaranse copias dos certificados de nacemento d@s menores para os que se solicite a axuda.
  • En caso de separación ou divorcio, achegárase copia cotexada da sentenza  xudicial e convenio regulador expedido  polo Xulgado.
  • Acreditación de ingresosde todos aqueles membros da unidade de convivencia que teñan 16 anos ou máis, sendo válidos calquera destes documentos:

o   Declaración da renda do último exercicio liquidado.

o   Certificado de pensións emitido pola administración competente

o   Nóminas dos dous últimos meses (ou declaración xurada no caso de non ter nómina).

o   No caso de ser autónoma/o declaración trimestrais 130 e 300 dos dous últimos trimestres

  • Non deberá presentarse o certificado de empadroamento, extremo que comprobará directamente este Concello
  • Xustificante do motivo polo que se solicita a axuda e documentación que permita determinar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar (matrícula de estudos ou inscrición no proceso selectivo, certificado médico, certificado de horarios laborais etc …)

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA:

imageconciliacNo caso de que nos concedan a axuda económica teremos que xustificar a mesma no prazo de  un mes  e medio achegando a seguinte  documentación:

  • Solicitude de pagamento da axuda concedida achegando certificación bancaria de conta corrente onde se realizou o ingreso
  • Declaración xurada de ter cumprido a finalidade para a que se concedeu a axuda
  • Declaración de non ter recibido no mesmo exercicio axudas para a mesma fin, e en caso de telas recibido enumerar as concedidas e importe das mesmas de calquera Administración ou Ente Público ou privado
  • Orixinais ou copias cotexadas das facturas e recibos de pago correspondentes ao gasto realizado, así como xustificante de terse realizado o pagamento destas.
  • Declaración xurada de ter xustificado calquera outra axuda ou subvención de calquera tipoloxía que fose concedida con anterioridade polo Concello de Ribadeo
  • Calquera outra que se estableza para cada caso concreto no correspondente acordo de concesión de axudas

 

 

 

Advertisements

Marzo en lila.

DiaDaMulher2Comezamos o mes cargado de actividades e moitas máis que virán que adiantaremos no seu momento. Desde ás áreas de Cultura, Igualdade e Mocidade levaranse a cabo unha serie de accións ao longo de todo o mes de marzo dirixidas á conmemorar o Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Por iso, imos chamarlle a este mes, Marzo en lila. Marzo desde outra óptica, desde a visión lila que pretendemos achegar á cidadanía e as xeracións máis mozas. Queremos un Día internacional das Mulleres con sentido e significado. Que o oito de marzo non quede nun acto meramente testemuñal. Facer do oito de marzo todos os días do ano!! Iso queremos. Si, obxectivo extremadamente ambicioso. Máis temos a forza, gañas e ilusión alo menos para intentalo.

7 de marzo, actividade do alumnado do ciclo de Educación Infantil do  CIFP Porta Da Auga

Mañán día 7 de marzo hai prevista unha actividade para o alumnado de O libro dos porcosEducación Infantil.Grazas ao 2º curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga, e a súa profa, Cristina del Prisco por organizalo haberá un contacontos centrado no “Libro dos Porcos” de Anthony Browne.Este conto achéganos desde un punto de vista non sexista as personaxes para comprender a importancia da igualdade de xéner, á par que ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.

20 de marzo,O ratiño presumido” . Contacontos teatral para Infantil

A gran Lilí Gruyére ven de recibir un importante encargoprofesional: a dirección o ratiño presumidodo Musical” a ratiña Presumida”. Despois de reflexionar sobre os valores que transmite este conto decide facer a súa propia versión: “ o Ratiño  Presumido”, que será representado no coles  coa axuda  dos profesores e profesoras.Este contacontos será representado pola compañía tetral Trinketrinke .

24-29 de marzo:  obradoiro de manexo e creación de espectáculo de títeres para Primaria

Utilizarase o teatro entendido este como un instrumento de sensibilización titerese cambio social aplicado á educación en igualdade.

A actividade consiste na creación por parte do alumnado participante  dun  espectáculo propio de monicreques. O alumnado elaborará o propio espectáculo de monicreques, desde o deseño do guión, dos materias até a  representación final do mesmo.

O guión versará sobre contidos en igualdade. Son sketchs teatrais breves que logo terán que representar.  Desta forma poden aprender, falar, discutir e avanzar  nos valores da igualdade e non discriminación hacía ás mulleres dunha forma amena, didáctica e  moi efectiva

16 de  marzo:  obra de teatro :    “ As do peixe”.

As do peixeAs do peixe” é  unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios  a  compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. A peza conta coa  dirección de Cristina Domínguez, a escenografía de Carlos Alonso e coas  actrices Mónica Camaño, Rocío González, Susana Dans  e Casilda Alfaro nos papeis protagonistas. É un viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, basada en  testemuñas reais da  vida nas fábricas a partir dos  anos setenta e contada desde o momento actual.

Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e  Tere, reúnense periódicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de rememorar  o seu pasado laboral e o  de tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechase, despois de moitas loitas  e  desenganos,  atopáronse sen traballo e sen posibilidades reais  de volver a recuperalo. A súa historia, e a  de moitas outras  mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrumbe dunha economía e  dunna maneira de vivir.

Lugar: Auditorio Municipal Hernán Naval

Hora: 20.30h

Prezos entradas:

  • 3,5€ para persoas desempregadas
  • 5€ para público en xeral

 

Mudanzas para este 2013 no Sistema Especial das empregadas do fogar.

Imaxe

Comezábamos o ano 2012 con novas esperanzadoras coa  integración do  Réxime Especial da Seguridade Social das Empregadas do Fogar no  Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema Especial para @s traballador@s.

Un réxime insuficiente, pois non se recoñecían prestacións básicas como o dereito ao desemprego pero que ía polo camiño da equiparación das traballadoras do fogar co resto da clase traballadora.

Máis o último Consello de Ministros,  mediante Real Decreto -Leitrabajo domestico precario amas de casa sin seguridad social 29/2012, de 28 de decembro de mellora de xestión e protección social no Sistema Especial para Empregados do Fogar e outras medidas de carácter económico e social. (BOE de 31 de decembro de 2012) recolle a liberación d@s empregador@s da obriga de dar de alta, baixa, comunicar as variacións  e  de cotizar polas traballadoras a tempo parcial até as 60 horas mensuais.

A partir do 1 de abril do 2013, se as dúas partes están de acordo, a responsabilidade da alta/baixa e da cotización á Seguridade Social pode traspasarse á traballadora. Neste caso será a traballadora a responsable de ingresar toda a cotización, pero a persoa empregadora ten a obriga de entregar á traballadora cada mes, xunto co salario a cota da Seguridade Social a cargo da parte empregadora. 

Nestes casos os beneficios na cotización  ( reducción do 20% e do 45% no caso das familias numerosas) recoñecidos pola lexislación vixente a favor d@s empregador@s do fogar non resultarán de aplicación cando as propias empregadas  asuman o  cumprimento das obrigas sinaladas.

Co cal, coa nova regulación estanse a transferir, en determinados casos, responsabilidades que realmente competen ás persoas empregadoras .Esta medida de carácter discriminatorio voltará a incrementar a economía sumerxida no sector. Por outra parte, é unha volta atrás na insistencia de equipararmos este traballo con calquera outro traballo. En todos os traballos por conta allea sexan as horas que sexan é a persoa empregadora a que realiza alta no sistema da Seguridade Social.

Outras modificacións que contempla este Real Decreto son :

–       Cambios na escala usada para determinar as bases de cotización. Redúcense a metade os de tramos de cotización polos que se determinan as bases de cotización para as  continxencias común e profesionais do sistema especial.  Na práctica, supón  un incremento automático de costes derivados destas cotizacións, centrados principalmente sobre  @s empregador@s e as traballadoras con menores salarios e xornadas de traballo máis pequenas.
 Pásase dos 15 tramos de cotización existentes no 2012 aos 8 tramos para o 2013.

A táboa cos tramos de cotización para o 2013 é a seguinte:

Tramo

A Mesa Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo ve con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade e oponse á Lei de tasas xudiciais e ao anteproxecto de reforma do Código penal .

Como ven sendo habitual nos últimos anos a  Mesa Interinstitucional de violencia de xénero que se reúne trimestralmente e está integrada por representantes das FCSE, da Policía Municipal, do centro de saúde, dos centros educativos e do Concello  emitiu un comunciado con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.  Por si o queredes ler :

A Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo ve con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade e oponse á Lei de tasas xudiciais e ao anteproxecto de reforma do Código penal

 Desde a  Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, que se reúne trimestralmente, faise  a seguinte valoración sobre a violencia de xénero existente no noso Concello:

Se o ano pasado valorábamos un estancamento no avance cara erradirar a violencia de xénero, agora a situación tórnase de extrema gravidade. Podemos falar claramente dun retroceso que se evidencia en tres eixos básicos:

  1. Con motivo do axuste presupostario que se están levando a cabo pola crise  as políticas dirixidas a paliar á  violencia de xénero sufren un retroceso importante. Os recortes están a afectar aos servizos públicos e iso está provocando unha saturación de traballo nas/os profesionais e a reducción ou eliminación de gran parte do presuposto en moitos programas.
  2. A nivel lexislativo as reformas auspiciadas e que se pretenden nos vindeiros meses  veñen a dificultar as posibilidades de acción das mulleres vítimas de violencia de xénero e  a impedir un maior entendemento e sensibilización social da violencia de xénero, que  é, manifestacións, efectos, etc. As taxas xudiciais  que entran este xoves en vigor agravarán a dominación do home sobre a muller mediante o control económico exercido sobre a mesma, deixando en mans do agresor o aceso a xustiza, tan demandando para as mulleres. Hai que ter en conta que non todas as mulleres que sofren violencia de xénero son beneficiarias de xustiza gratuita, (si de avogado de oficio), que son conceptos diferentes. Non obstante, un importantísimo porcentaxe delas son vítimas de violencia económica e carecen dos recursos que lle permitirán, no seu caso, ter acceso á Xustiza.  O anteproxecto de reforma do Código Penal impulsado polo Ministerio de Xustiza non inclúe o termo violencia de xénero. Ademais introduce a mediación como nova medida para condicionar a suspensión da execución da pena, unha cuestión que estaba vedada expresamente na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo do Poder Xudicial, tras a reforma introducida pola LO 1/2004 e o Convenio de Estambul do Consello de Europa asinado polo Estado español e pendente de ratificación. Debido ao desequilibrio de poder entre a vítima e agresor en casos de violencia de xénero, non cabe a mediación, cuxo principio básico é a igualdade entre as partes. O exercizo da mediación nesta casuística pon en risgo á vítima, ao tempo que minimiza a acción violenta do perpetrador. Por outra parte, a pesar de que a Lei de violencia de xénero vixente recolle expresamente que ninguna pena de prisión poda ser substituída por unha pena de multa, o anteproxecto de reforma do Código Penal contempla esta medida que vai aumentar a impresión xeralizada sobre a impunidade dos agresores e que ademais pode rematar recaendo sobre as propias vítimas en supostos de dependencia económica.
  3. Constátase unha relaxación na sociedade respecto á violencia de xénero. Os medios de comunicación volven a utilizar termos que están obsoletos e que se consideran contrarios ás boas prácticas, como por exemplo falar de crimen pasional, de ciumes sen nomear que é un caso de violencia de xénero e mesmo o tratamento deste tipo de delictos na páxina de sucesos.En relación con todo isto, vemos con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade.  Un tercio das mulleres que son vítimas de violencia de xénero son menores de 30 anos. O maltrato non se ciñe ás agresións físicas. Comezan a darse formas de violencia máis propias desta xeración, as que xurden co uso das novas tecnoloxías  que resultan aínda máis díficiles de detectar e distinguir. As redes sociais, os servizos de mensaxería utilizados nos teléfonos móviles, como o Whatsapp, entre outros instrumentos están facendo dano entre a xente moza, combinado con outras formas de violencia máis propias desta xeración como a que se exerce pola noite cos ciumes. Un alto porcentexe de xoves recoñece os ciumes como unha manifestación de  amor  no canto de calificalos como unha forma de control.

Son formas de violencia máis silenciosas pero que é importante que sexan recoñecidas para ser combatidas.

Hoxe traemos a memoria á activista estadounidense, abolicionista e figura destacada do movemento de mulleres, Elizabeth Cady Stanton .

Hoxe traemos a memoria á  activista estadounidense, abolicionista e figura destacada do movemento de mulleres, Elizabeth Cady Stanton (12 de novembro de 1815 – 26 de outubro de  1902). No 2015 cumpriránse dous decenios do seu nacemento, pero desde o Ribadeomuller queremos lembrar importante papel desta feminista estadounidense  que  dirixiu xunto a Susan Brownell Anthony, a loita polo  sufraxio feminino en Estados Unidos.

En 1848 Stanton e Lucretia Coffin Mott, a quen coñecera en 1840, organizaron a primeira asamblea en defensa dos dereitos das mulleres en Seneca Falls (New York). Para este congreso, Stanton redactou unha Declaración de Sentimentos, na que propuña  unha resolución que esixía o dereito ao voto para a muller. Foi neste congreso onde coñeceu a Susan B. Anthony.  A declaración de Séneca Fallas é  moitas veces  acreditada como o  inicio dos movementos organizados de dereitos das mulleres e do sufraxio feminino nos Estados Unidos.

 Desde 1868 até  1870,  Elizabeth Cady Staton e Susan B. Anthony publicaron o semanario Revolution, en New York, e en 1869 fundaron a Asociación Nacional para o  Sufraxio Feminino (que a partir de 1890 chamouse  Asociación Nacional para o Sufraxio das  Mulleres Estadounidenses), da cal Stanton foi presidenta até 1892. En 1888 colaborou na  fundación do Consello Internacional das Mulleres. Foi coautora, xunto con Anthony e Matilda Joslyn Gage, dos  tres primeiros volumes de Historia do sufraxio feminino, (6 volumes, 1881-1922).

 Destacamos os seguintes traballos realizados por Elizabeth C. S.  :

Libros

  • History of Woman Suffrage; Volúmenes 1–3 (escrito junto con Susan B. Anthony y Matilda Joslyn Gage); volúmenes 4–6 (completado por outros autor@s, incluíndo a Anthony, Gage, e a Ida Harper) (1881–1922)
  • Solitude of Self (orixinalmente presentado como un discurso en 1892; máis tarde publicado nunha edición de tapa dura por Paris Press)
  • The Woman’s Bible (1895, 1898)
  • Eighty Years & More: Reminiscences 1815–1897 (1898)

Selección de xornais e  revistas

  • Revolution (Stanton, coeditora) (1868–1870)
  • Lily (publicado por Amelia Bloomer; Stanton como contribuidora)
  • Una (publicado por Paulina Wright Davis; Stanton como contribuidora)
  • New York Tribune (publicado por Horace Greeley; Stanton como contribuidora

 Selección de ensaios e discursos

  • Declaration of Rights & Sentiments (1848)
  • A Petition for Universal Suffrage (1866)
  • Self-government the Best Means of Self-development (1884)
  • Solitude of Self (1892)
  • The Degradation of Disenfranchisement (1892)
  • Discursos: “Our Girls,” “Our Boys,” “Co-education,” “Marriage and Divorce,” “Prison Life,” e  “The Bible and Woman’s Rights,” “Temperence and Women’s Rights”.

Nesta páxina podemos atopar moito da súa obra:

http://ecssba.rutgers.edu/pubs/publications.html

Adeus á Chavela física mentras seguimos a escoitar as súas cancións que pervivirán na nosa memoria

Chavela Vargas, foi  unha cantante Mexicana de orixe costarricense e nacionalidade mexicana, unha das principais  figuras da música ranchera  e pioneira deste xénero entre as intérpretes femininas.

Chavela destacou no xénero da canción ranchera non  soamente pola súa personalidade e   talento, senón  tamén porque foi unha pioneira.  A rancheira é un énero musical moi masculino e  sensual, cantado xeralmente por homes co acompañamento de mariachis. Chavela solía cantar sola, con apenas unha guitarra e  voz grave, cancións normalmente interpretadas por homes sobre o seu  desexo polas mulleres. En ocasións, baixaba o   ritmo das melodías. Deste modo, letras e  músicas de sabor humorístico teñíanse de máis  dramatismo. Vestía coma un home, fumaba tabaco, bebía moito, levaba pistola e era recoñecida polo seu característico gabán vermello.

Chavela Vargas  trasládase a México cando tiña 17 anos , adoptando  a nacionalidade mexicana  con posteriroridade. Durante moitos anos cantou nas rúas até que aos trinta anos se fixo  cantante profesional, da man de José Alfredo Jiménez, cantante e compositor dos  seus  maiores éxitos. A finais dos anos cincuenta comenza a facerse popular  polas súas actuacións en Acapulco, meca do turismo internacional. Alí actuou na festa nupcial de Elizabeth Taylor e  Mike Todd, e coñeceu a Ava Gardner. Trabou amizade cos pintores Diego Rivera e  Frida Kahlo, por quen confesou que se sentiu atraída.

O seu  primer álbum foi publicado en 1961 e  desde entón gravou máis de oitenta discos. Retirouse  a finais  dos anos setenta e  regresou en 1991

Chavela debe parte da súa fama a súa aparición en varias películas de éxito, ben mediante cancións súas incluidas nelas ou incluso interpretándoas en persoa. Werner Herzog incluiuna interpretando a unha nativa, na súa película Grito de piedra (1991).O director español Pedro Almodóvar foi un dos seus  primeiros difusores e contribuiu ao seu  arraigo popular no Estado Español integrando  cancións suas en varios dos seus filmes. Chavela apareceu  despois  na película de Julie Taymor, Frida, cantando  os seus clásicos «La llorona» e  «Paloma negra»,e  también apareceu  en Babel, a multipremiada película de Alejandro González Iñárritu, cantando “Tú me acostumbraste”, bolero de Frank Domínguez. Joaquín Sabina compuxo na súa honra, en 1994, unha das súas cancións  máis coñecidas: “Por el bulevar de los sueños rotos”.

Durante 2009, con motivo do seu 90 aniversario, o  Governo da Cidade de México ríndelle  unha  homenaxe nomeándoa cidadá distinguida. A este evento concurriron, de maneira presencial e a través de video, múltiples persoalidades do ámbito artístico, cultural e periodístico de Iberoamérica, entre os que se contan a cantautora Julieta Venegas, a intérprete Eugenia León,o escritor Carlos Monsiváis, a periodista Carmen Aristegui e os seus amigos Joaquín Sabina e  Pedro Almodóvar. En abril de 2012, con 93 anos de idade, lanza o  seu disco-libro Luna grande, onde revive, a modo de homenaxe, relevantes poemas do escritor español Federico García Lorca e repasa algúns dos  seus maiores éxitos. En xullo do mesmo ano viaxa  a Madrid para presentar o  seu último disco nun recital nunha  Residencia de estudantes de Madrid, sendo hospitalizada  hospitalizada o 12 de xullo  por un cadro de fatiga[]. Xa recuperada emprende viaxe de regreso a México, onde o 30 de xullo de 2012 é  internada no hospital Inovamed da cidade mexicana de Cuernavaca, con problemas crónicos en corazón, pulmóns e riñóns.

http://www.youtube.com/watch?v=0gQ31m4Yt0s

Dous anos de andaina na eira dixital. O blogue Ribadeomuller celebra o seu II aniversario

Dous anos de andaina nas redes,  máis de setecentos días creando, difundindo, vindicando, enraizando e visibilizando espazos aillados, ocultados e silenciados.

O Ribadeomuller está de  aniversario, fai dous anos do seu  nacemento, da  posta en marcha deste recurso dixital para substituír dalgunha forma o Ribadeomuller en papel, imposibel de soster  nunha área xa en permanente crise antes de que estalara  o boom da especulación financieira e económica que está a derrubar  o erguido nos últimos tempos.

Desde aquel ano 2005 no que decidimos crear un boletín para difundir e publicitar as accións e iniciativas que se facían desde o Concello na área de igualdade, noutros puntos da xeografía galega e do resto do mundo a era dixital deu grandes pasos e instalouse case de forma perpetua e como un recurso  cuase necesario e imprescindibel nas nosas vidas. Froito desa adaptación e de circunstancias extemporáneas  naceu este  recurso dixital, este blogue informativo do qué acontece no noso  Concello no ámbito da igualdade.

Pero este blogue Ribadeomuller vai moito máis alá. Con el dámoslle  difusión as nosas inicativas e proxectos,  e a outros proxectos da contorna.   E neste último ano fumos incorporando novos elementos para facelo máis atraínte. Así facemos todos os meses unha suxerencia sobre unha lectura en calquer xénero, comenzamos tamén  a desenvolver entrevistas ás persoas protagonistas dos proxectos e iremos incorporando pouco a pouco novos apartados. Porque o blogue Ribadeomuller vai medrando co pasar dos días, non se estanca, non se oxida, … vai reinventándose .

Un total de 11.686 visitas leva este blogue.  Con respecto ao ano pasado por estas alturas levamos medio millar de visitas máis. Imos lentamente pero avanzando.

Dous ou tres post  á semán ven a ser a nosa media informativa. Sigue fallándonos a participación,  xa que quixeramos facer algo máis dinámico, máis interactivo. Seguiremos na súa procura!! Este ano, a Concellaría de Igualdade a iniciativa da Concellaría de Novas Tecnoloxias  creou uns perfís propios nas redes sociais, tanto no Facebook como no Twiter, contribuíndo así a unha maior difusión do Ribadeomuller.

Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas a todas aquelas persoas que nos seguides, que nos ledes dia sí e día tamén. E estamos abertas as vosas suxerencias, opinión… Agardamos por elas!!