A historia material das mulleres desde unha perspectiva de xénero

Neolítico

Buceando pola rede atopámonos cunha páxina interesante, un sitio web que pretende   dotar de visibilidade ás liñas de investigación en arqueoloxía e historia que se vinculan ao estudo da cultura material das mulleres. Ao mesmo tempo proporciona recursos actualizados desde as perspectivas feministas a todos os sectores involucrados na divulgación histórica.

Este sitio defínese, como un proxecto colaborativo entre investigadoras e investigadores neste ámbito mediante unha estrutura aberta e plurilingüe que pode ir incorporando, gradualmente, novas aportacións gráficas, textuais, técnicas e bibliográficas.

Esta páx web: http://www.pastwomen.org/, realizouse no marco do proxecto de investigación “‘Los trabajos de las mujeres y el lenguaje de los objetos: renovación de las reconstrucciones históricas y recuperación de la cultura material femenina como herramientas de transmisión de valores” (2007‐2010), financiado polo Instituto da Muller e do proxecto “’La història material de les dones: recursos per a la recerca i la divulgació’ (2010-2011), financiado polo Institut Catalá de les Dones.

Cultura Argárica

Deixar un comentario