Temos por diante todo un futuro por compartir en igualdade!!

A Concelleira de Igualdade e máis as persoas representantes dos Centros de Ensino, presentaron públicamente a séptima edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade”.

 Hoxe presentouse públicamente, a VII edición da campaña de sensibilización en Igualdade nos centros educativos no Concello de Ribadeo. A Concellería de Igualdade ven apostando desde hai sete  anos por esta campaña  “ Un futuro por compartir en Igualdade” que este ano conta con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Entendemos que  a promoción da Igualdade entre mulleres e homes debe facerse desde idades temperás. Ademais estamos a ver con preocupación os altos índices de violencia de xénero entre xente nova.

Vánse a levar a cabo, como ven sendo habitual actividades para todas as etapas educativas. Desde contacontos para as e os máis pequenos, os de educación infantil, até obradoiros para o alumnado de Primaria. E para os de Secundaria , continuaremos co  concurso de guións cinematográficos, que éste  ano xira arredor da temática da corresponsabilidade.

A Escola Municipal de Música, coincidindo coa patroa da música, Sta Cilla, voltará presentar de novo o concerto didáctico “ En clave de muller” . Haberá dúas sesións, unha pola mañán, desta volta, só para o alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino do Concello, e outra sesión aberta ao público pola tarde.

Tamén contaremos coa presenza da artista e comunicadora Pamela Palenciano, quén  realizará un Taller dirixido ao alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO, ademais de traernos a súa exposición “ No sólo duelen los golpes”.

Tedes máis información neste dossierdossier VII edc

Deixar un comentario