Créase unha Rede de Centros Transfronteirizos de Dinamización Integral para as Mulleres entre Galicia e Portugal.

Este mesmo ano entrarán en funcionamento catro centros de dinamización integral, que estarán en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde. Estos centros teñen unha poboación portencial de  430.800 mulleres que residen nas comarcas do Baixo Miño e Paradanta (Pontevedra), na comarca de Verín (Ourense) e nas subrexións portuguesas de Minho-Lima e Cávado . A Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres vai por a disposición das usuarias estruturas compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades  e  de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia. Esta iniciativa, baseada no criterio colaborativo de compartir equipamentos e recursos, é resultado do compromiso das administracións de Galicia e Portugal a través do proxecto CEDIM, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP, 2007-2013.

O espazo territorial transfronteirizo no que se desenvolve este proxecto é un área de ampla tradición colaborativa e estreitos vínculos sociais, económicos e culturais que, por primeira vez a través do proxecto CEDIM, van facerse extensivos ás políticas de igualdade de oportunidades para a poboación feminina.

O perfil sociolaboral das mulleres que residen nesta zona xeográfica participa dos roles tradicionais de xénero. As mulleres son as que maioritariamente se ocupan do labor doméstico, especialmente nas zonas onde predomina a poboación máis envellecida e son tamén elas as que atopan maiores dificultades de empregabilidade nun territorio que demanda perfís con baixa ou pouca cualificación.

Para mellorar a cualificación, as condicións de empregabilidade, o emprendemento e as oportunidades das mulleres cun criterio de eficacia, estes centros transfronteirizos adecuarán as actividades dinamizadoras ao perfil das demandantes, en eidos como a formación ou a orientación laboral.

Xa está en funcionamento a nova web da “Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres” no enderezo www.redecedim.eu,  que se converterá na ferramenta de comunicación e difusión do proxecto na rede. No vindeiro mes de decembro pórase en marcha un boletín electrónico, ao que poderán subscribirse as persoas interesadas e que lles permitirá recibir regularmente no seu correo as últimas novas e actividades da Rede CEDIM.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s