Estamos a voltas co II Plan de Igualdade para o Concello de Ribadeo. Algo que achegar??

Levamos uns meses que non paramos. Actividade constante, incesante,… Temos o blogue algo abandoado. Máis en canto remate este mes… voltaremos á carga, tentaremos estar aí para partilar con vós reflexións, preocupacións e informar das accións que se emprenden tanto en Ribadeo como noutro lugares, sempre na búsqueda desa igualdade de xénero que non chega.

Agora mesmo estamos mergulladas nun intenso traballo que é a elaboración do II Plan para a igualdade de mulleres e homes 2013-2016 no Concello de Ribadeo. Para a súa elaboración contamos con financiación do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Entanto, deixámosvos a Avaliación do que foi o noso I Plan de Igualdade Local Memoria avaliacion I Plan de igualdade Ribadeo

Estamos abertas as vosas suxestións. Podedes deixalas aqui.

buzon

Ribadeo unha vila para a conciliación

octavilla cim conciliacion O programa Ribadeo unha vila para a concicliación continuará ao longo do ano 2013.

Por medio deste programa, o Concello de Ribadeo financia a asistencia á ludotecasexistentes no municipio  e máis ao programa Bós Días, xestionado pola ANPA,  nun 50% do custe por hora  para todas aquelas nais/pais  con fillas/os menores de 10 anos que asi o soliciten e se atopen nalgún dos seguintes casos:

  •  Ampliación de formación: alfabetización, estudos secundarios, universidade, preparación de oposicións, cursos de formación ocupacional, exames e probas de avaliación presencial,…
  • Urxencias: entende-se como tales aquelas situacións que por causa de forza maior sobrevida fan necesario o coidado das/os nenas/os até a resolución da razón que a xerou.
  • Conciliar a vida laboral e familiar , evitar a renuncia das mulleres ao posto de traballo polo gravoso que supón o uso deste tipo de servizos.

Motivos sociais: familia monomarental que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación social difícil  e que a/o menor precise socializarse  ou naqueles casos nos que a muller sexa viítima de violencia de xénero

Este ano o programa  conta coa financiación económica do Fondo Social Europeo e máis a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

bono axuda

 

Infancia e xogo será a temática sobre a que xirará a sétima edición do curso temático sobre educación infantil da Mariña.

 

cartel 2013Xa podedes matricularvos na VII curso temático sobre educación infantil da Mariña. Terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de xuño. A temática sobre a que versará este ano : infancia e xogo: xogar para xogar, xogar para aprender. Este curso que dirixe Xesús Ferreiro Núñez leva organizándose desde o ano 2006, froito da colaboración  entre o antigo IES Gamallo Fierros e  nesta edición co Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo, ademais da Universidade da Coruña e a Concellaría de Igualdade, Educación e Cultura do Concello de Ribadeo.

 Haberá interesantes relatorios nos que se  disertará da función e sentido do xogo e xoguete tradicional, dos sons do xogo e os xogos do son, do xogo simbólico como necesidade de representar a realidade, do xogo e o xénero como mirara necesaria. Tamén  poderemos ver iniciativas concretas e prácticas como a experiencia de recuperación do patrimonio lúdico como referente educativo exemplificado no CEIP da Capela, cómo se organiza a realidade: heurística, lóxica e matemática na primeira infancia, o último número da Revista Galega de Educación que versa exclusivamente sobre a educación infantil  e un obradoiro de construcción de xoguetes e enredos con materiais da natureza. Contaremos tamén con algúns momentos máis lúdicos pero non menos interesantes, como a proxección didáctica de peche do sábado con cine mudo con música en directo e coa actuación do grupo de percusión da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo o domingo ao serán.

A matrícula realizárase exclusivamente a través da web da UDC : http://www.udc.es/occ . Expediráse certificado acreditativo pola Universidade da Coruña.

Datos adjuntos sin título 00110

Datos adjuntos sin título 00107

Este ano as xornadas de violencia de xénero do Concello de RIbadeo centranse nos poderes que sustentan á violencia machista

cartel xornadas VX

Nos tempos actuais de recortes e crise sistémica faise máis patente a necesidade de formármonos  e de ter espazos de encontro e reflexión para partillar  cómo atallar esta problemática. Este ano queremos centrármonos nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance  das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes ( o  económico, o xudicial, o político )   a   través do mercado laboral, das leis,  dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual  sistema patriarcal .  Ao tempo,  emerxen novas formas de violencia  cara ás mulleres, como a violencia sexual pola  inxesta  de sustancias químicas ou a violencia dixital.

folleto xornadas interior

Un ano máis o ente organizador destas xornada, a  Comisión  Interinstitucional de  Violencia de  Xénero, quere poñer ao alcance de todas  as persoas  novos  elementos de debate e reflexión para divisar un futuro esperanzador para esa metade da humanidade, para as mulleres, mozas e nenas.

As xornadas están dirixidas a profesionais que traballan a violencia de xénero  en calqueira das súas dimensións, desde profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de Igualdade, avogadas/os, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, persoal sanitario, persoas que integran as asociación de mulleres e asociación en xeral, persoal técnico das administración, responsables políticos, alumnado… e calquera persoa interesada no tema.

Dsenvolvéranse o venres 19 de abril pola tarde e máis o sábado ao longo de todo o día no Teatro de Ribadeo. É preciso inscribirse se vas asisitir a toda a xornada, xa que recibirás un certificado acreditativo. Quén queira poderá pasarse a algunha sesión ou charla que lle interese.

 folleto xornadas VX exterior

 

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.