Os bonos axuda Ribadeo unha vila para a conciliación pasan a regularse por unha Ordenanza municipal, a Ordenanza Municipal reguladora de axudas para a conciliación de vida laboral e familiar aprobada no Pleno o día….
Nesta ordenanza modifícase o procedemento de aceso ao programa. Agora as axudas económicas otorgáranse ás familias previa solicitude das necesidades para o trimestre.
Terán que presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello coa documentación xustificativa conforme reúnen os requisitos esixidos. Unha vez valorada polo Concello se lle fará a transferencia da axuda económica que terá que xustificar por medio de factura unha vez efectuado o gasto no servizo correspondente.
REQUISITOS:
Para ser beneficiario/a desta axuda deberá cumprir os seguintes requisitos:
1º. A/o menor/a deberá estar empadroado en Ribadeo. Asemade tanto a nai ou no seu caso o pai solicitante ou o/a titor/a legal deberán estar empadroados e ter a súa residencia habitual no Concello de Ribadeo. No caso de separación ou divorcio este requisito só será esixible a/ o proxenitor/a que tivese a garda e custodia.
2º Que a renda da unidade de convivencia non supere os 1500€ netos mensuais se ten un fillo/a ao seu cargo ou 1800€ netos mensuais con dous ou máis fillos ao seu cargo.
3º Non dispor de bens inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa un dereito de propiedade, que, polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade para a que se solicita a axuda
4º. O servizo de ludoteca/ Programa Bos Días subvencionárase soamente naqueles casos en que se utilicen as horas para conciliar a vida laboral e familiar. Será preciso que se hai unha parella traballen fóra do fogar os dous membros da unidade familiar e en horarios coincidentes.
5º. Entenderase por conciliación da vida laboral e familiar todas aqueles casos de:
- Ampliación da formación: estudos secundarios, universidade, preparación de oposición ou certificados de profesionalidade, cursos de formación ocupacional, exames …
- Motivos laborais: horario laboral, entrevista de traballo, horas extra, …
- Urxencias: casos de enfermidade da persoa que se fai cargo das crianzas ( coidador/a), hospitalización dalgún membro da familia
- Motivos sociais : familia formada por un só proxenitor/a que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación psicosocial difícil e se valore necesaria a socialización da/o menor
CUANTÍA: A contía da axuda ascenderá a 50% do custe por cada hora de estancia no servizo de conciliación
DOCUMENTACIÓN A ACOMPAÑAR COA SOLICITUDE:O prazo para presentar as solicitudes será ao longo de todo o ano. A documentación obrigatoria a achegar:
- Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade(D.N.I.) ou Número de Identificación de Estranxeiría (N.I.E) do pai/nai o titor/a que solicite a axuda. Só no caso de non dispor dos anteriores documentos, achegaranse copias cotexadas os pasaportes.
- Copia cotexada do libro de familia. En caso de non dispor de libro de familia achegaranse copias dos certificados de nacemento d@s menores para os que se solicite a axuda.
- En caso de separación ou divorcio, achegárase copia cotexada da sentenza xudicial e convenio regulador expedido polo Xulgado.
- Acreditación de ingresosde todos aqueles membros da unidade de convivencia que teñan 16 anos ou máis, sendo válidos calquera destes documentos:
o Declaración da renda do último exercicio liquidado.
o Certificado de pensións emitido pola administración competente
o Nóminas dos dous últimos meses (ou declaración xurada no caso de non ter nómina).
o No caso de ser autónoma/o declaración trimestrais 130 e 300 dos dous últimos trimestres
- Non deberá presentarse o certificado de empadroamento, extremo que comprobará directamente este Concello
- Xustificante do motivo polo que se solicita a axuda e documentación que permita determinar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar (matrícula de estudos ou inscrición no proceso selectivo, certificado médico, certificado de horarios laborais etc …)
XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA:
No caso de que nos concedan a axuda económica teremos que xustificar a mesma no prazo de un mes e medio achegando a seguinte documentación:
- Solicitude de pagamento da axuda concedida achegando certificación bancaria de conta corrente onde se realizou o ingreso
- Declaración xurada de ter cumprido a finalidade para a que se concedeu a axuda
- Declaración de non ter recibido no mesmo exercicio axudas para a mesma fin, e en caso de telas recibido enumerar as concedidas e importe das mesmas de calquera Administración ou Ente Público ou privado
- Orixinais ou copias cotexadas das facturas e recibos de pago correspondentes ao gasto realizado, así como xustificante de terse realizado o pagamento destas.
- Declaración xurada de ter xustificado calquera outra axuda ou subvención de calquera tipoloxía que fose concedida con anterioridade polo Concello de Ribadeo
- Calquera outra que se estableza para cada caso concreto no correspondente acordo de concesión de axudas