Hoxe falamos con Mónica Justo, artista novel de Ribadeo que nos presenta estes días a súa primeira exposición

No mes de xuño iniciábamos o noso serial de entrevistas  para facer máis lexibel a información e achegarvos ás iniciativas e as persoas que están tras elas.  Desta volta, imos falar cunha xoven creadora, para que nos conte cómo descubriu a súa inquedanza artítisca.

Falando con Mónica Justo, artista novel de Ribadeo que  nos presenta estes días a súa primeira exposición.

Artista novel de Ribadeo que pronto comeza a interesarse polas artes plásticas. Cursa os seus estudos na escola de artes Ramón Falcón de Lugo e actualmente dirixe a súa inquietude artística cara o campo da pintura. Ven de inaugurar a súa primeira exposición cunha excelente acollida.

A qué anos descubres que realmente o que che gusta é pintar e que ademais o fas ben? A miña adicación dunha  maneira máis seria e constante no campo da pintura chegou fai uns dous ou tres anos e de xeito bastante espontáneo. Non é que un día decidira: “vou pintar” senón que  desde sempre  gustábame facer bocetos, debuxiños… e cada vez foi máis forte a necesidade de expresarme de maneira artística. A partir deso, coa experimentación como medio, probando con diferentes materiais e  técnicas  vas atopando o teu camiño, avanzando aos  poucos. Penso que é algo que che sae de dentro, e que se o desfrutas, vives con paixón, como é o meu caso, e con tesón e constancia, é moi gratificante porque deseguida vas vendo resultados e iso  da forzas para continuar.

 A  túa formación académica centrouse desde o primeiro momento no eido artístico estudando na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo. Foi unha decisión que tiñas clara ou foi  froito da casualidade e das túas habilidades artísticas?

Recordo xa de pequena que tanto na escola como na casa dicían que debuxaba moi ben e destacaba sempre nas tarefas artísticas,  polo que chegado o momento de decidir cara onde quería dirixir o meu futuro, optei pola única opción que realmente me interesaba. Non tiña claras todavía as disciplinas a escoller, nin sequera cales eran  esas alternativas,  tan só sabía que eu quería facer algo que fora creativo. Axudoume que meu irmán maior xa levaba un tempo estudando na Escola de Artes Aplicadas de Lugo, e eu, que vía os seus traballos e escoitaba a súa experiencia sentín que ese podía ser o meu lugar.Aí foi onde aprendín  a base que precisas para entender e aproximarte a arte, aínda que finalmente optei por especializarme en deseño de interiores.

 Polo que puidemos contemplar nas obras expostas, as túas obras son intimistas,  coloridas e que retratan un pouco o teu entorno. Cómo te definirías a nível artístico, tes influenzas dalgunha escola…?

 Nas miñas obras pinto aquelas cousas, persoas ou sentimentos que dunha ou outra maneira son importantes para min, que me producen algunha emoción e que quero compartir, e a partir desto a escolla en canto á técnica material ou estilística ven dada por  esa idea que queres transmitir e cómo ti a entendes. Para isto utilizo moito a cor como elemento de expresión porque  é un medio que aporta moiza forza visual e permíteme transmitir moitas cousas xogando cos contrastes.

Non definiría a miña obra dentro dunha corrente artística específica xa que aínda estou nos meus comezos, nunha fase de experimentación na que teño moito que aprender, moitas ideas que desenvolver e  técnicas por manexar e mellorar  na búsqueda da miña propia identidade.

Ao igual que noutros ámbitos, o primeiro que nos veñen a cabeza son nomes de pintores, aínda que na Mariña hai que subliñar que temos o caso excepcional da viveirense Marauxa Mallo.  Pensas que no mundo artístico en xeral,  e no da pintura as mulleres e homes teñen as mesmas posibilidades ou oportunidades  a hora de difundir unha obra, de ser valorada…  ?

Creo que a arte neste aspecto si que é un reflexo da sociedade, e como tal, hoxe en día, como en case tódolos campos, segue a existir certa invisivilidade da muller, ainda que se está a rescatar do olvido a grandes artistas que non tiveron a repercusión que se merecían no seu tempo. Ese é o caso, no noso entorno próximo, como dís, de Maruxa Mallo ou da lucense Julia Minguillón.

Aínda que tantos anos de imposición masculina no mundo artístico levará tempo recuperar, na mente colectiva comezan a soar os nomes das mulleres que en tódolos campos artísticos da actualidade están a destacar. No contexto social, penso, segue a existir unha brecha entre ambos sexos a hora de compaxinar os diversos ámbitos da vida e polo tanto sí que a muller ten dificultades engadidas para  desenvolver a súa carreira artística.

Grazas a plataforma Sonda norte estamos a descubrir non só aficcións das mozas e mozos ribadenses, senón creación, talentos  que se agochan tras o nordés que . Cómo  valoras esta iniciativa  de Sonda Norte da que ti formas parte?.

Como un grande acerto xa que Sonda Norte é unha iniciativa que pon en valor e promove  a creación local. Nesta zona estase a demostrar que son moitas as persoas que teñen unha grande inquietude artística en moi diferentes campos, e sempre é enriquecedor coñecer novas propostas. No meu caso deume ademais un impulso final para tomar a decisión de dar a coñecer a miña obra, xa que me sentín arroupada por un colectivo de persoas que valora a creación e o traballo.

Para que vos vaides deleitando deixámosvos unha foto dun dos cadros. E para ver o resto da exposición tedes que achegarvos á  sala Sonda Norte da Casa da Xuventude .  Os horarios son de luns a xoves, de 09.30h a 13.30h e de 16.00h a 20.00h. Os venres de 9.30 a 13.30 e os sábados de 12.00h a 14.00h.

Advertisements

3 respostas a “Hoxe falamos con Mónica Justo, artista novel de Ribadeo que nos presenta estes días a súa primeira exposición

  1. Pingback: Mónica Justo na sala Sonda Norte | Sonda Norte

  2. Moi interesante a entrevista, ainda que non estou moi dacordo coa afirmación de que no mundo artístico-plástico hai (a día de hoxe) unha imposición masculina. Penso que nesta rama profesional ou amteur a cousa está fifty fifty… incluso, se me apuras, pola miña experiencia sempre aprecei unha maioría feminina.

    É certo que na metade de século cara atrás a presenza masculina era peiorativamente aplastante pero a hoxe en día, polo ben da diversidade, a cousa cambiou radicalmente.

    E xa teño ganas de ver a expo que me falaron moi positivamente do traballo de Mónica.

    • Ola Chenchu! Pode que non me expresara ben porque non quixen dicir que a día de hoxe exista unha imposición masculina, senón que, (baixo o meu punto de vista) esa imposición sufrida durante séculos pasados é difícil de superar e levará tempo porque loxicamente cando pensamos nos grandes nomes de etapas anteriores, que son os que en moitos casos ocupan as salas dos museos actuais e aparecen nos libros de arte, o que xurden son básicamente nomes de homes (ainda que tamén nesas etapas houbera mulleres merecedoras de ese recoñecemento), e que levará un tempo que esta circunstancia deixe de existir, cousa que como ti dís estase a facer, pero claro……e que levan moita ventaxa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s