En xuño leremos, Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, de Teresa Moure.

Xuño, novo mes, outro cantar!! Pois ben, xa sabedes algunhas e algúns  que cada comenzo de mes facemos  unha suxerencia ou recomendación sobre un  libro en calquer xénero para lermos nalgún oco deste mes, ademais das vosas preferencias ou dos vosos libros que están agardando na libraría, ou no aparello electrónico ( libro, móbil, pórtatil…)  para ser devorados.

Este mes imos suxerirvos un libro recén saído do forno da imprenta.Estamos a falar do último ensaio de Teresa Moure : Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións

Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer e aplicala ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico, cómo puidemos ver co recente “informe” de Ignacio del Bosque.

A escritora e profesora no seu libro  A palabra das fillas de Eva (Galaxia, 2005) convidábanos á insubmisión fronte  á invisibilización das mulleres polo uso academicamente establecido do xénero gramatical e apuntaba a necesidade de pensarmos máis alá do dualismo masculino-feminin. En   Benquerida Catástrofe  ( Xerais 2007), xa planexaba a teoría queer en parte da narrativa da autora coa negación das categorías hexemónicas sobre xénero e sexualidade considerándoas como un producto cultural do dominio heterosexual.

O debate non é novo e non hai unha receita perfecta. Moure avoga pola utilización de expresións neutrais inclusivas,como “seres humáns” “ persoas” ,  máis que pola opción do feminino xenérico ou doutras fórmulas.    Trátase de adestrar a nosa razón contra o sexismo lingüístico a todos os niveis. Repensar a linguaxe aplicando a doctrina  queer.

 Se xa o feminismo cuestionara a ecuación que iguala sexo biolóxico e xénero social, o pensamento queer vai máis alá. Postula que nin o sexo nin o xénero existen máis que como construcións sociais. O queer rexeita os binomios, as reglas sobre a sexualidade, as categorías pechadas e estables. E así inclúe todas as formas de identidade sexual: transexuais, hermafroditas.

 Moure percorre no seu libro, a historia da literatura galega desde unha óptica queer. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. A teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.

Abofé que desde o Ribadeomuller compartimos os desexos de Moure pola construcción dese mundo novo sen sexismos lingüísticos nin doutro tipo pero tamén nos aventuramos a decir que vai introducir un debate social no panorama galego, tanto no literario, no filolóxico, como no feminista.

Este libro levou o premio  premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

E cómo non decirvos que nos encantaría que vos animarades e nos enviarades as vosas impresións, críticas, dos libros que suxerimos, ou incluso algún libro para algún mes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s