Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

Elixamos os xogos e xoguetes para as nosas crianzas, libres de roles sexistas.

Nestas datas tan agardadas poloas máis peques, nas que figuras como o Apalpador e os Reis Magos invaden os nosos fogares, hai que ter moito coidado cos xoguetes elixidos.

O xogo imita a vida, pero ten a ventaxa de que nesta actividade o error non está penalizado. Os individuos aprenden os comportamentos sociais á vez que participan deles, e para sentirse aceptados como suxetos socialmente competentes, necesitan ademais, identificarse, ou  alo menos aceptar, os roles que dunha ou outra forma a sociedade impón, entre os que encontran os roles de xénero, moi  enraizados coa propia identidade.

A través do xogo imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamentos, actitudes, etc, que van configurando a educación que reciben as nosas fillas e os nosos fillos. Sabemos que todo isto é determinante para a formación e o desenvolvemento da súa personalidade, e para a construción da súa identidade como home ou como muller na sociedade na que van vivir. A idades moi temperás (0 a 3 anos) nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes que pouco tempo despois uns e outras descartan por considerarlos doutro sexo, perdendo cada un deles e delas a oportunidade de aprender novas capacidades que lles favorezan a convivencia entre sexos, e as e os enriquezan como persoas. Este cambio prodúcese normalmente a partir dos 3 anos, coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenas e nenos.

Así que coidemos ao longo de todo o ano a elección dos xoguetes. A concellería de Igualdade de Vigo está a desenvolver unha campaña que persegue sensibilizar á cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e dos xoguetes e vai dirixida a axentes socializadores como a familia, a escola , os medios, as xogueterías , as superficies comerciais..

Advertisements

Fotos de Homes pola Igualdade para o almanaque deste 2012

Neste primeiro día laboral de ano, desexarvos a todas e todos un 2012 cheo de felicidade e de igualdade. O noso traballo seguirá na dirección de conquerir esa sociedade igualitaria tan desexada. É unha causa de xustiza social. E para todas as persoas que aínda non vos fixechedes cun almanaque de parede para este ano, comentarvos a inciativa do Servizo da Muller do Módulo Psicosocial deDeusto-San Ignacio en colaboración coa asociación de Homes pola Igualdade de Bilbo `Piper Txuriak”.

Un calendario que nos recorda día a día que a igualdade a construimos en cada instante entre todas e todos. Con esta campaña preténdese estimular os homes en xeral a tomar conciencia de que podemos facer moito ante as lacras do maltrato e a desigualdade, e que é a nosa responsabilidade. Ademais ofértanos un modelo máis completo, humano e racional do que significa ser un home, que aquel que nos ensina o modelo patriarcal dominante.

O  almanaque podedes velo aqui: calendario2012