“Daquelas que cantan” é a axenda feminista 2012 que ven de editar o Observatorio da Mariña pola Igualdade

Despois do éxito e boa acollida que tivo a primeira axenda feminista do Observatorio, publicada o ano pasado e na que se adicaba cada mes do ano a unha das moitas reivindicacións pola igualdade aínda pendentes, acaban de sacar á rúa a Axenda Feminista 2012 DAQUELAS QUE CANTAN, adicada este ano ás músicas galegas.

DAQUELAS QUE CANTAN é unha homenaxe ás intérpretes, vocalistas, compositoras, artistas e cantautoras que hoxe en día conforman unha rica polifonía de estilos e propostas variadas en Galiza.  Para visibilizar o seu traballo, cada mes da axenda está encabezado por unha das nosas moitas músicas, cunha foto delas e cun texto que elas mesmas concibiron e redactaron expresamente para esta axenda. Uxía, Guadi Galego, Silvia Penide, María Xosé Silvar, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Leilía, Carmen, Maruxa e Tareixa de Fuxan, Sonia Lebedynski e as Batuko Tabanka conforman a axenda do Observatorio para o 2012!

Este ano estrean un  novo formato de axenda. En 10*15cm, para que sexa moito máis cómoda!. Podedes facer a vosa reserva a través do facebook do Observatorio, enviando un mail a observatorioigualdade@gmail.com  ou mercándoa en varias librarías da Mariña ( en Ribadeo estarán a venta na Casa das Letras ) ou en Lila de Lilith en Santiago de Compostela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s