O 1 de xaneiro entra en vigor o decreto que intenta equiparar os dereitos das traballadoras domésticas co resto das traballadoras e traballadores. Supón avances, pero aínda quedan moitos puntos para acadar esa equiparación aos dereitos contidos no Estatuto dos/as Traballadores/as

O pasado 19 de novembro entraba en vigor o decreto-lei que moderniza a relación laboral do servizo no fogar familiar que até o de agora rexíase por unha lei que se remontaba ao 1985.

O cambio normativo entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2012 e dáse un prazo de seis meses naturais para que as empregadas e as persoas titulares de fogares familiares ( denominación que reciben quén contrata este servizo) poidan adapatarse á nova situación co que a integración será plena a partir do 1 de xullo de 2012.

O Decreto aprobado non supón a aplicación do Estatuto dos/as Traballadores/as do fogar. As condicións siguen sendo inferiores, máis supón un paso adiante cara o recoñecemento dos dereitos ao traballo doméstico asalariado.

Obrigas novas como a esixencias de poñer por escrito as condicións do contrato, o dereito ao salario mínimo interprofesional anual, o descando semanal ininterrumpido, a retribución de todas as horas a disposición do empregador son un avance na equiparación de dereitos co resto das traballadoras e traballadores.

Polo de agora, non se contempla que estas empregadas vaian a ter dereito a cobrar paro. Tamén desaparece a traballadora discontinua responsable da súa alta na Seguridade Social, que era unha vía de regularización das traballadoras imigrantes, ten que compensarse cun cambio na Lei de Estranxería que impida ás traballadoras a verse condeadas a permanecer na economía sumerxida.

O emprego doméstico que coñecemos hoxe en día con xornadas de 14 e 16 horas diarias para as internas, ausencia de descando, salarios por debaixo do mínimo, traballadoras sen papeis….. provee de servizos de baixo custe a unha sociedade organizada de espaldas ás necesidades de coidado, en especial das persoas que non se valen por sí mesmas.

O coidado ten que resolverse doutra maneira. O reparto de todas as responsabilidades entre quén convive, unha organización dos tempos que teña en conta o traballo retribuido e o non retribuido, aumento da cantidade e calidade dos servizos, un urbanismo que promova a autonomía das persoas, terían como consecuencia que o emprego doméstico fose unha realidade distinta. Menos horas, mellor pagadas, emprego con todos os dereitos.

Este video, realizado pola Asociación de Traballadoras do Fogar de Bizkaia explica todos os cambios que van a producirse a partir do 1 de xaneiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s