Persisten as desigualdades das mulleres respecto aos homes no eido da investigación e das TIC segundo o estudo realizado na Unidade de Muller e Ciencia

No estudo sobre a  “Situación das mulleres no Sistema de Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia realizado pola Unidade de Muller e Ciencia de Galicia evidenciase  a situación de desigualdade das investigadoras galegas respecto aos homes.

Na área da ciencia e da tecnoloxía, os homes sitúanse nos postos máis relevantes, teñen mellores salarios, non se lles esixiu un nivel de formación tan alto para acceder aos postos de máis responsabilidade, e desenvolven o seu traballo nas áreas con maior importancia económica e máis valoradas socialmente.

Na área das TIC,  a fenda dixital de xénero é unha realidade a día de hoxe, pero comeza a cambiar. No ano 2010, preto do 56% dos homes fixeron uso da rede fronte a menos do 52% mulleres galegas. Non obstante, os datos confirman unha tendencia positiva xa que a porcentaxe de mulleres galegas que utilizan Internet aumentou 5,3 puntos porcentuais no período 2009–2010, permitindo reducir a diferenza no uso de Internet entre homes e mulleres en 3 puntos respecto ao ano 2009.

As diferenzas de xénero persisten na actividade profesional do sector TIC. Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia, só unha cuarta parte do persoal empregado nas empresas TIC son mulleres e apenas representan un 13% do total nos postos directivos.

E no que atinxe á desigualdade en canto á carreira profesional, hai máis investigadoras menores de 35 anos que investigadores (63,3% fronte ao 54,9%) e máis da metade do persoal que traballa nesta área está por debaixo desa idade. Ademais, o 38% das mulleres cree que é posible que se vexa na necesidade de abandonar a carreira por motivos familiares -a maternidade sería a causa principal- mentres que a paternidade só condicionaría ao 7,3% dos homes, según a súa propia opinión. O 29,1% das mulleres viuse condicionada por eses motivos nalgún momento da súa carreira, o dobre que os homes.

O estudo tamén sinala que o 66,8% do persoal que traballa no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia non ten descendencia, e o 71,1% das mulleres non ten fillos ni fillas. A media de fillas/os tamén é diferente, un 0,68% os homes e un 0,47% as mulleres. Todo o persoal considera que as medidas de conciliación son insuficientes, veríanas como útiles para a súa situación profesional e consideran tamén que é máis fácil adoptalas e por suposto facer uso delas se se traballa no sector público.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s