Os obradoiros de memoria e de técnicas para preveer a depresión inician as actividades da área de igualdade deste novo ano!!

Queremos empezar o ano, facendo actividades que repercutan na nosa calidade de vida, que nos axuden a prevéer enfermidades. Por iso, desde a Concellería da Muller, imos a poñer en marcha dous obradoiros que se desenvolverán ao longo do mes de xaneiro e febreiro.

Hai un obradoiro de memoria, para facer fronte aos pequenos olviso cotiás, para traballar e estimular o cerebro , e para entrear a mente. Este obradoiro, terá lugar na parroquia de Remourelle en horario de 15:30h- 17;30h, todos os mércores. Comenzará o vindeiro mércores 12 de xaneiro na Escola de Remourelle.

E na vila de Ribadeo, na Casa da Xuventude terá lugar un obradoiro sobre técnicas para prevéer a depresión, tan importante nos tempos actuais nos que caemos en depresión sen saber cales son as causas. Ademais somos as mulleres as mais afectadas por esta enfermidade. Pois ben, a veces é necesario saber da existencia duha serie de signos ou indaicadores que nos poden alertar de que algo está a suceder, para poder actúar a tempo e evitar esa depresión. Este obradoiro terá lugar os mércores na Casa da Xuventude de Ribadeo en horario de 18:30h-20:30h. Iniciárase o mércores 12 de xaneiro.

Os mércores 12, 19, 26 de xaneiro e 2 de febreiro terán lugar os obradoiros nos horarios indicados con anterioridade. Agardámosvos!!

Para notarvos nos mesmos, que sería convinte, podedes facelo chamando ao teléfono do Centro de Información ás Mulleres : 982.120739

Aproveitamos a ocasión para desexarvos a todas e todos un feliz 2011!! agardando e pedindo as raiañas magas que nos agasallen cun ano con mais igualdade entre mulleres e homes  e coa eliminación da violencia de xénero!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s