O Consello Municipal das Mulleres únese a solicitude de ingreso na Real Academa Galega da escritora e feminista Mª Xosé Queizán Vilas

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo adhíresepor unanimidade a iniciativa impulsada pola Concellería de Igualdade e polo Consello Municipal da Muller de Vigo de solicitar o ingreso na Real Academia Galega de Mª Xosé Queizán Vilas.

Por qué ela?

Mª Xosé Queizán forma parte do Consello Municipal das Mulleres de Vigo desde a súa constitución no ano 1993 como representante da organización feminista FIGA. É unha destacada feminista galega cun activismo que se reflicte tanto na súa actividade social como na literaria e con suficientes méritos literarios para formar parte da RAG. Ademais hai unha necesidade de acadar unha maior representación das mulleres na academia,xa que só hai 4 mulleres, despois do recente  falecemento de Olga Gallego Domínguez.

Para adherirse a esta candidatura ben de xeito individual ou como asociación o podedes facer a través da sinatura no espazo web creado para tal fin : http://www.igualdadevigo.org.

O Consello Municipal ribadense reunido en sesión ordinaria, tamén fixo unha valoración das accións desenvoltas neste último  semestre do ano e foron anticipándose ideas e proxectos cara o vindeiro ano.

Para ir comenzando o ano con bó pé hai previstos dous obradoiros, un na parroquia de Remourelle, de memoria e outro en Ribadeo sobre técnicas para prevéer a depresión. Manterémosvos informadas/os.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s