“Gaiteiras “ como diría Xurxo Souto. A historia da gaita galega tamén ten nome de muller.

En Ribadeo formouse a primeira banda de gaitas femenina do Estado ( O grupo Saudade ) e en Celanova, uns anos antes ( 1919 )  temos constancia da  primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Áurea Rodríguez  foi  bautizada como a raiña da gaita galega.

UN POUCO  DE HISTORIA DO GRUPO SAUDADE DE RIBADEO

Saudade nace baixo o mecenazgo de Carlos Súarez Couto en 1960. Son a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo.

Nun principio foron sete: Teresa Amor Simón, Mª Dolores Ponte Forés, Elena Fernández, Mª Carmen Carnota López, Concepción Redondo Lastra, María Cubero Loredo e Teresa Rodríguez Ruíz, ao que foron sumándose posteriormente Carmen Rodríguez Ruiz, Josefa Otero López, Laura Alonso, Carmucha Pérez, Gloria Alonso Del Riego, Alvarita Diaz Muñiz, Marisa Peña Rego. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto.

A indumentaria que usaban era tipíca ribadense do S. XVIII . Para a confección  dos traxes documentarónse na Real Academia Galega, no Ballet Galego de A Coruña e en cadros do pintor Amando Súarez Couto. Dirixiu a confeccións dos traxes Matilde García de Paredes.

Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo, filmáronas en Betanzos para a película Asi es Galicia ( dirixida pos Santos Núñez, 1964), no documental de Galicia Insólita apareceron no NO DO. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa  e na Televisión portuguesa e percorreron Galicia e Asturias. En 1997, a raíz da súa aparición na TVG; Saudade desfilou por última vez polas rúas ribadenses na Cabalgata de Reis.

Advertisements

2 respostas a ““Gaiteiras “ como diría Xurxo Souto. A historia da gaita galega tamén ten nome de muller.

  1. Comentarlle que o vindeiro 8 de marzo vaise inaugurar unha rúa en recoñecemento a todas as mulleres que integraron a banda de gaiteiras que deu a coñecer Ribadeo por aí adiante. Moitas delas virán ao descubrimento da praca da rúa ” Meniñas da Saudade”.

  2. No tengo una respuesta, tengo un montón de preguntas sobre el grupo de gaitas Saudade:¿Quién puede ayudarme? ¿La chica que toca el tambor, es Carmucha?
    Si es así,¿ puede alguien facilitarme un no. de teléfono, dirección, correo electrónico …… paara poder contactar con ella?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s