A Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo está formada polos representantes dos diversos sectores ( educativo, sanitario, educativo, FCSE , Policia municipal e o CIM). Deixóvos a nota de prensa íntegra enviada aos medios de comunicación con motivo do día Interancional da violencia contra ás mulleres.
A Mesa Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo constata un estancamento no avance cara erradicar a violencia de xénero
Na primeira década deste século, morreron 690 mulleres por violencia de xénero no Estado Español . No que vai de ano 57 mulleres foron asesinadas polas súas parellas ( dúas en Galiza). Os casos de violencia de xénero no Concello siguen a manterse en correlación con outros anos, sen ter datos que amosen o contrario ou que avalen un ascenso .
Sen embargo, estáse a dar unha normalización da violencia entre as xeracións máis novas. No Concello de Ribadeo, o 78,6% das mulleres vítimas violencia de xénero son menores de 45 anos. Incluso, nas relacións entre mozas e mozos que aínda non chegaron á maioría de idade. Desde o ano 2005, máis de 1800 rapaces menores de idade foron denunciados no Estado Español por violencia machista.
Por iso, é moi importante traballar cos centros educativos, e coas familias. Hai un relaxamento no ámbito da educación regrada e non regrada e nas familias, que non lle dan suficiente entidade a esta problemática até que teñen que vivila de cerca. Todo isto vencellado, ao papel que desempeñan os medios de comunicación como axentes de socialización que segue a transmitir, con máis forza, unha mensaxe estereotipada que contribúe a fomentar as relación desiguais, nas que a muller sigue a ser sumisa, dependente e unha muller-obxecto e non suxeto. Como consecuencia, constátase un enorme retroceso en canto aos ideais que xiran arredor das relación amorosas ( valoración positiva do ideal romático, da posesión e os ciumes como valores que reflicten o amor…). Neste sentido, non se está a cumprir a lexislación vixente, cómo a Lei de Igualdade e a Lei integral de violencia de xénero ou a Lei galega.
Cómo xa denunciabámos o pasado ano, está a introducirse unha confusión no discurso a raíz da difusión de determinados mitos falsos . Mitos como o das denuncias falsas por parte das mulleres para obtér ventaxas nos procesos de divorcio, separación xudicial ou ruptura das parellas de feito, o extendido uso do Síndrome de Alineación Parental, utilizado na última década no eido xudicial para xustificar argumentos para cambios de custodia, e que vén sendo denostada por expertos/as en violencia de xénero desde xuristas ate persoal sanitario (Asociación Española de Neuropsiquiatría, Consello do Poder Xudicial, OMS, Asociación Mundial de Psiquiatría, A Asociación de Psicólogos Americana, Asociación Americana Médica). E o desprestixio e deturpación que se está a facer por parte de diferentes sectores da lexislación vixente en materia de violencia de xénero.
Desde o ámbito institucional débese sensibilizar a sociedade sobre a dimensión e a causa desta problemática, profundizar nas súas causas e no seu carácter ligado ao sexismo e a discriminación, para poder adoptar medidas eficaces desde todas as áreas, porque a violencia contra ás mulleres ten una orixe social e cultural, nun proceso de socilaización dos varóns que consiste en decirlles que a masculinidade failles superior aos demais. Porque unha sociedade que non xera mecanismos de protección eficaces é tan nefasta como unha sociedade que non fomenta mecanismos de adaptación.



