No ano 2005 creábase o Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo. Desde aquela, son moitas as persoas que teñen participado neste órgano. A todas elas, queremos agradacerlle a súa colaboración e as súas aportacións e o seu compromiso pola procura dun Ribadeo en Igualdade.
O pasado xoves, constituíuse por terceira vez este órgano de participación cidadá. Nomeáronse 32 persoas titulares ( máis cerca de 25 suplentes ). Superouse o número de persoas que van conformar este organismo. E aínda hai algunha parroquia que ten pendente o nomeamento das vogais. E si ben, no aspecto cuantitativo sobrepaouse consonte a outras lexislaturas, temos que dar un paso máis a hora de traballar, e de facer propostas desde o Consello.
Nesta terceira época do Consello, queremos que sexa un órgano onde a participación emane da base, do conxunto de persoas que o integran. Estes anos pasados caracterizarónse por unha participación moi boa, en canto a asistencia as xuntanzas. Arredor do 75% das vogais asistían ás xuntanzas. Pero, faltaba esa participación máis activa, en canto, a iniciativas xurdidas desde as propias entidades representadas. Teñen que ser as vogais quén propoñan, suxiran actividades para o noso Concello. E nese sentido, traballaremos nesta nova andaina.
Na sesión contituínte elixirónse as coordenadoras das comisións que integran o Consello, e máis a vicepresidencia, que recaeu na representante de Saúde, a compañeira Mª del Mar González. A presidencia do Consello, recae na Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, impulsora deste órgano desde o seu inicio.

