Queremos suxerirvos, propoñer libros escritos por mulleres e gustaríanos recibir os vosos comentarios á lectura destas obras. Faremos unha proposta unha vez ao mes.
Comezamos, logo, co libro, “As pioneiras: as mulleres que cambiaron a sociedade e a ciencia desde a Antigüidade até os nosos días” .
É un libro destinado ás novas xeracións. A súa autora é a mítica bióloga Rita-Levi – Montalcini, Premio Nóbel de Medicina xunto con Guiseppina Tripodi, sendo traducido por Laura Cortés. O seu obxectivo é facelas conscentes das fundamentais aportacións científicas que fixeron as súas antepasadas desde dous séculos antes da era cristiá até o século XX. Durante séculos as mulleres estiveron excluidas. No pasado as que destacaban pola súa sabiduría eran consideradas bruxas e enviadas á fogueira, e incluso cando se aboleu a persecución, tan feroz como abasurda, os filósofos e científicos, incluidos os coñecidos como “ilustrados, seguiron alimentando o mito da absoluta superioridade intelectual do home.
Para demostrar que as mulleres tamén teñen un pasado, e un presente, científico, mostrou ao mesmo tempo as inxustizas e dependencias que tiveron que sufrir ao longo de séculos. O procedemento que Rita Levi-Montalcini e Giuseppina Tripodi seguen neste apasionado e apasionante libro é presentar a incuestionable evidencia que proporcionan sucintas biografías de mulleres científicas como as matemáticas Hipatia, Sophie Germain, Sofia Kovalevskaia e Emily Noether, as astrónomas Caroline Herschel, Williamina Fleming, Henrietta Leavitt, Cecilia Payne Gaposchkin, Margaret Burbidge e Vera Rubin, Mary Wortley Montagu, á que tanto debe a vacinación moderna, as físicas Émile du Châtelet, Marie Curie, Lise Meitner, Irène Joliot-Curie, Maria Goepper Mayer e Chien-Shiung Wu, químicas como Rosalind Franklin e biólogas como Gerty Cori, Barbara McClintock, Dorothy Crowfoot Hodkin e Christiane Nüsslein-Volhard .


