En Ribadeo formouse a primeira banda de gaitas femenina do Estado ( O grupo Saudade ) e en Celanova, uns anos antes ( 1919 ) temos constancia da primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Áurea Rodríguez foi bautizada como a raiña da gaita galega.
UN POUCO DE HISTORIA DO GRUPO SAUDADE DE RIBADEO
Saudade nace baixo o mecenazgo de Carlos Súarez Couto en 1960. Son a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo.
Nun principio foron sete: Teresa Amor Simón, Mª Dolores Ponte Forés, Elena Fernández, Mª Carmen Carnota López, Concepción Redondo Lastra, María Cubero Loredo e Teresa Rodríguez Ruíz, ao que foron sumándose posteriormente Carmen Rodríguez Ruiz, Josefa Otero López, Laura Alonso, Carmucha Pérez, Gloria Alonso Del Riego, Alvarita Diaz Muñiz, Marisa Peña Rego. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto.
A indumentaria que usaban era tipíca ribadense do S. XVIII . Para a confección dos traxes documentarónse na Real Academia Galega, no Ballet Galego de A Coruña e en cadros do pintor Amando Súarez Couto. Dirixiu a confeccións dos traxes Matilde García de Paredes.
Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo, filmáronas en Betanzos para a película Asi es Galicia ( dirixida pos Santos Núñez, 1964), no documental de Galicia Insólita apareceron no NO DO. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa e na Televisión portuguesa e percorreron Galicia e Asturias. En 1997, a raíz da súa aparición na TVG; Saudade desfilou por última vez polas rúas ribadenses na Cabalgata de Reis.

