O estudo aprecia pouco rigor no trato da prostitución por parte da prensa galega, que publica ao día 800 anuncios de contacto.
O estudo “A prostitución nos medios de comunicación galegos” foi galardoado na segunda edición do Premio á Introducción da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación que convoca a universidade compostelana. O traballo recibiu o primeiro premio no apartado adicado a investigación. Elaborado polo grupo de investigación CIDACOM (Cidadanía e Comunicación) para o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia,o estudo analiza a representación da prostitución tanto na información como nos anuncios de sexo de pago da prensa galega.
A investigación dá constancia da escasa presenza da prostitución na axenda dos medios, o que contrasta coas nutridas páxinas dos coñecidos como “anuncios de contactos”, con maior presenza, canto maís maior é a difusión do xornal.
O documento ten unha premisa clara: a incoherencia de publicar nas páxinas informativas novas sobre delitos como a trata de personas, para despois promovelo nas páxinas de anuncios. Ademais as personas responsables da autoría recordan que este tipo de anuncios son esenciais para que as prácticas de prostitución en pisos de aluguer sobrevivan.
Ao longo do período analisado (o mes de decembro de 2009), publicárónse un total de 123 unidades redaccionais nos 14 xornais analizados, unha media de 8,2 unidades redacciones ao mes e de 0,26 ao día por cabeceira. A presenza da prostitución nos contidos mediáticos é aínda menor se temos en conta que só no 42,3 por cento das pezas nas que se fala de prostitución ésta constitúe o tema principal, xa que acostuma aparecer como cuestión secundaria ou só mencionada na información. Normalmente a cobertura oscila entre a crónica negra e a rosa.
Pola contra, os anuncios de sexo de pago proliferan nas cabeceiras. Nun só día entre os 15 medios galegos de comunicación analizados publicáronse 791 anuncios de prostitución. O informe evidencia que a maior parte da prostitución recae sobre as mullres, que son as protagonistas do 84 por cento dos anuncios, sendo os transexuais só o 9 por cento, os homes o 6 por cento e as parellas o 1 por cento. En moitos dos anuncios especifícanse as características físicas das personas prostituidas, pero tamén se concretan prácticas sexuais o incídese na xuventude, con térmos como “case nenas”. Ademáis nun 12 por cento deles ofertanse prácticas sexuais de risgo.

Os textos da publicidade manteñen os estereotipos machistas xa quen un 40 por cento dos anuncios as mulleres son consideradas obxectos, nun 20 como viciosas e nun 12 como virxinais. Moitos dos xornais que os publican adheríronse a manifestos e protocolos que buscan eliminar a discriminación por xénero.
Este estudo foi elaborado por profesionais da comunicación, como Belén Puñal, Iván López e Olga Castro, que colaborou recentemente con nós, cun artigo co galo do aniversario do blogue Ribadeomuller.