Literatura infantil, algo máis que conto
Os días 22, 23 e 24 de xuño desenvolvérase en Ribadeo, no cine-teatro a VI edición do Curso temático de verán de educación infantil
A finais do curso 2005-2006 nacía o curso sobre educación infantil na Mariña. As tres primeiras edicións foron organizadas polo IES Dionisio Gamallo Fierros ( Departamento de Servizos Socioculturais) e o Concello de Ribadeo( Concellaría de Igualdade, Educación e Cultura). E xa nos dous últimos anos incorporamos ademais das institucións sinaladas, á Universidade da Coruña, convertindose nun curso de verán.
As temáticas sobre as que xiraron os cursos ao longo destes anos foron:
Ano 2006: A infancia en situación de risco social.
Ano 2008: Trastornos do desenvolvemento e atención temperá.
Ano 2009: Concepcións sociais da infancia e medios de comunicación.
Ano 2010: Espazos e tempos na escola infantil.
Ano 2011: Educar a través do ritmo e a música na escola infantil
E no 2012 chegamos á VI edición na que a temática elixida é : literatura infantil, algo máis que conto.
A partir do día 1 de xuñoestará aberto o prazo para poder matricularvos no curso. Para matricularvos tedes que ir a este enlace : http://www.udc.es/occ/gal/2012/cursoveran/cursos/curso6/curso6.htm
Como en anteriores edicións, a matrícula realizárase, exclusivamente, a través da UDC. Deixámosvos o programa do curso para que lle botedes unha ollada e vexades si é do voso interese.
Máis información en:
Universidade Da Coruña:
Teléf. 981 167 000 ext. 1963 // occocc@udc.es
Concello de Ribadeo
Teléfono 982 120 739 // cim@ribadeo.org
IES Gamallo Fierros.
Teléfono 982 128 098 // ies.dionisio.ribadeo@edu.xunta.es.



