Arquivo por etiquetas: discriminación

O Observatorio da Mariña pola Igualdade lanza unha campaña informativa sobre a nova regulación das traballadoras do fogar

O Observatorio da Mariña pola Igualdade lanza unha campaña informativa sobre a nova lexislación que atinxe ao réxime das traballadoras do fogar e que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, cun prazo de adaptación de seis meses. O obxectivo principal é poñer de relevancia a importancia do traballo do fogar, unha profesión totalmente feminizada (98.2% de mulleres traballadoras do fogar segundo cifras oficiais), desprestixiada e precaria, e informar sobre os novos cambios lexislativos.

Até o de agora, as empregadas do fogar estaban sometidas a un Réxime Especial que se rexía polo R.D 1424/1985 e no que, por exemplo, só era obrigatorio para a persoa empregadora asegurar á traballadora a partir das 20 horas semanais de traballo e en caso de baixa laboral non comezaban a cobrar até o día 29. Coa lexislación actual, rexida polo R.D 1620/2011, as empregadas pasan a incorporarse ao Réxime Xeral como un sistema especial e, polo tanto, todas as traballadoras do fogar deben de estar dadas de alta na Seguridade Social para ter así a súa situación regularizada, recaendo esta responsabilidade sobre a parte empregadora.

 A nova regulación, a pesar de que segue a ter lagunas importantes como non recoñecer a prestación por desemprego,  ten unha serie de vantaxes sobre as empregadas do fogar como o dereito á cotización á Seguridade Social; dereito á pensión de invalidez, xubilación, viuvez e orfandade; en caso de accidente de traballo cobro salarial dun 75% da base diaria de cotización do mes anterior á baixa; cobro salarial en caso de baixa por enfermidade; vacacións retribuídas anuais de 30 días, etc.

Para as persoas empregadoras, pola súa parte, durante os anos 2012, 2013 e 2014 aplicarase unha redución do 20% ás cotizacións devengadas pola contratación de persoas que presten servizos no fogar familiar e queden incorporadas a este sistema especial, sempre que a obriga de cotizar se iniciara a partir do 1 de xaneiro do 2012. A redución do 20% ampliarase cunha bonificación até chegar ao 45% para as familias numerosas.

Toda esta información pódese atopar nos libriños que o Observatorio da Mariña pola Igualdade repartirá na Seguridade Social, no INEM, nos centros de saúde, nas Casas do Concello, panaderías, farmacias, etc. das distintas vilas da Mariña ou descargar o libriño da súa páx web

 Ademais o Observatorio pon  a disposición de quen o desexe, a través da web, diversos modelos de contrato (para traballadoras internas ou externas, a tempo parcial ou completo) e modelos de nómina (para traballadoras que cobran por horas ou mensualmente )

O documental ” Tamén somos mulleres” pon en valor a capacidade das mulleres con discapacidade intelectual.

Trailer do documental ” También somos mujeres”

A Federación de Organizacións en favor de Personas con Discapacidade Intelectual (FEAPS) Madrid  ven de realizar o documental ‘También Somos Mujeres’ cuxo estreo está previsto para mediados do  próximo mes de outubro. O obxectivo d este documental é poñer  en valor a capacidade das mulleres con discapacidade intelectual a  avanzar así na  súa inclusión social.

“También somos mujeres” recolle o testimonio de catro mulleres con discapacidade intelectual e as dificultades que supón para elas, no día a día,o feito  de ser mulleres, ter discapacidad, e  que ésta sea intelectual. A través do  reflexo da súa vida cotiá, ponse de manifiesto a importancia de acceder a un emprego, á  educación, á protección frente á violencia de xénero e  a posibilidade de ter unha vida en parella. A  quinta historia visibiliza o importante rol das nais de persoas con discapacidade  e  as renuncias personais que realizan co  fin de garantir o benestar da  súa familia.

O video, que ten unha duración de 34 minutos, foi dirixido por Diana Nava, realizadora e guionista que conseguiu no 2009 o Premio Nacional de Reportaxe Social e Solidario polo documental “El Cielo era el Techo” realizado para FEAPS no que se abordaban as posibilidades do ocio inclusivo.

Un desenvolvemento eivado. Desigualdades da muller na I+D+i

A desigualdade entre mulleres e homes tamén é unha realidade no eido do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Así o constata un estudo da área de igualdade da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia no que se evidencia que os homes  ocupan os postos máis relevantes, contan con mellores salarios, non precisan dun nivel de formación tan elevado para acceder aos postos de maior responsabilidade e o seu traballo conta cunha maior valoración social e unha maior importancia a nivel económico. No estudo tamén se evidencia que estas desigualdades non son percibidas polas persoas que traballan no sector da innovación, o desenvolvemento e a investigación.

A maior parte das mulleres que desenvolven as súas tarefas neste eido están satisfeitas co seu traballo, chegando a valoralo cun notábel alto. Din da súa profesión que fomenta a creatividade, o dinamismo, o traballo en equipo ou a relación con outras persoas. Poucas identifican as desigualdades ou discriminacións de xénero que se producen.

Unha das conclusións deste estudo é a discriminación horizontal que se detecta coa muller relegada a determinadas disciplinas que semellan unha prolongación do rol de coidado que tradicionalmente o patriarcado lle outorgou á muller. Isto dá lugar a carreiras e traballos feminizados, sobre todo nas áreas das ciencias sociais e xurídicas, humanidades ou ciencias da saúde con máis dun 60% de presenza feminina.

O resto do estudo pode atoparse no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.es/node/892