Arquivo por etiquetas: desigualdade

As mulleres gañamos espazos e posicións correndo. As maratóns e a participación feminina.

Estes días circulou polas redes socias esta foto de Katherine Switzer. Foi unha corredora que non dubidou en desafiar as normas establecidas no 1967 para  poder correr nunha maratón, xa que até ese momento o aceso das mulleres a participar nese tipo de probas estaba prohibido.

Era o ano 1967, e celebrábase a maratón de Boston, cando esta muller se inscribiu como  KV Switzer  para ocultar a súa verdadeira identidade . Cruzou a  liña de saída  co  dorsal 261 no coma  se  fose  un corredor máis. Pero Kathrine pasou á historia cando un  dos  xuices a metade da  carreira ( no Km. 4 )  deuse  conta e  saltou  tras ela  para detela. O  codirector da proba abalanzouse  sobre ela e berroulle : “Fóra da miña  carreira”.  Máis o resto de corredores impediullo e a  “escoltaron” para que puidera  rematar a  carreira, cun tempo de 4 horas e 20 minutos. A fotografía deste momento  deu  a  volta ao mundo. E marcou  precedente histórico.

Katherine Switzer correu  35 maratóns, gañando o  maratón de New York en 1974, e  acadando a súa mellor marca, 2:51.33, cando quedou segunda en 1975 no maratón de Boston. É a muller  coa sexta mellor marca do mundo.

Desde entón Kathrine Switzer  adicouse  a  loitar  contra a desigualdade  entre mulleres e hombres, organizando carreiras en 27 países, Avon International Running Circuit, nas  que  participaron máis de 1.000.000 de mulleres, até  que acadou  en 1984 que  a maratón feminina fora proba olímpica.

Hoxe en día adícase a organizar carreiras por todo o mundo e sigue inculcando ás mulleres o verdadeiramente importante que é facer deporte e cómo non, comenzar a correr.

Un pouco de historia sobre a participación das   mulleres nas maratóns :

Entre as carreiras máis agotadoras de fondo están a maratón e o campo a través ou cross. A 1º maratón da historia olímpica celebrouse en Atenas en 1896 desde a cidade de Marathon até Atenas ( 42 km). A 1ª maratón feminina xógase desde os xogos de Los Ángeles ( 1984)

Cando aínda non foran  admitidas as mulleres nos campionatos oficiais, Grete Waitz demostrou  que tamén podían brilar  nesta distancia. En 1978 gañou a súa  primeira maratón de New  York –rematando  primeira alí en nove ocasións–, cun crono de 2:32:29, que rebaixaba en dous minutos o récord do mundo. Logo melloraría até catro veces o récord mundial, sendo a  primera campioa do mundo en 1983 e  subcampioa olímpica en 1984.

Nos  Ángeles en 1984  debutou  a  maratón femenina  nos  Xogos  Olímpicos. Joan Benoit, que se  inciara na carreira a pé  como unha forma de rehabilitación tras fracturarse unha perna mentras esquiaba, convertiuse  na primeira campioa. Cando  Joan Benoit gañou a medalla de ouro nesta primeira maratón olímpica para mulleres cun tempo de 2:24:52, o seu tempo gañaría 11 das 20 maratóns olímpicas anteriores para homes

A historia das mulleres no deporte sigue o mesmo decorrer negativo que no resto das disciplinas. Foron moitos os prezuízos que debeu superar até chegar ao momento actual no que as mulleres ocupan un espazo  relevante no mundo deportivo, pero aínda quedan moitas condicións, premios e trato  diferenciados e discriminatorios con respecto aos homes que hai que mudar.

 

O Centro de Información ás Mulleres informará sobre os cambios ante a integración das empregadas do fogar no Réxime Xeral.

O Centro de Información ás Mulleres informará sobre os cambios ante a integración das empregadas do fogar no Réxime Xeral.

O 18 de novembro entrou en vigor o decreto-lei que  moderniza a relación laboral do servizo no fogar familiar que até o de agora rexíase por unha lei que se remontaba a 1985.  O decreto aprobado non supón a aplicación do Etatuto dos Traballadores ás traballadoras do fogar. As condicións siguen sendo inferiores pero son un importante paso cara adiante no recoñecemento dos deitos ao traballo doméstico asalariado.

Regula o traballo das empregradas do fogar mediante o que se establece que cobrarán en metálico alo menos o salario mínimo interprofesional e contarán cunha xornada máxima semanal de carácter ordinario de cuarenta horas.

A integración das empregadas do fogar no Réxime Xeral supón unha equiparación nalgúns dereitos e deberes coas restantes persoas traballadoras. Aquelas que traballen como empregadas do fogar, ao ser dadas de alta na Seguridade Social deben ter un contrato por escrito no que como mínimo se estipule: número de horas de traballo semanas; salario mensual ou por hora, salario en especie; se existe ou non pacto de pernoctación e a súa retribución e o número de conta bancaria do/a titular familiar onde domiciliar a cotización.

Este cambio normativo entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2012 e dáse un prazo de seis meses naturais para que as empregadas e as persoas titulares de fogares familiares(empregador/a) poidan adaptarse á nova situación coa que a integración será plena a partir do 1 de xullo de 2012.  A partir de agora a Inspección de Traballo actuará de oficio e a instancia de parte no caso de detectar  a persoas traballando nun fogar sen estar dadas de alta. O pacto de non asegurar á traballadora a cambio de pagarlle algo máis de salario non ten ningunha validez.

Establécese un período transitorio  até 2019 para que a adaptación non sexa lesiva para as e os empregadores nin teña consecuencias sobre o emprego.
Polo de agora, non se contempla que as empregadas vaian a ter dereito a cobrar o paro. Co cal, haberá que seguir demandando Igualdade real entre estas traballadoras do fogar   e o resto das persoas traballadoras.

Desde o Centro de Información ás mulleres poñemos á avogada á disposición dos empregadores e empregadoras e mais das traballadoras do fogar para clarexar as dúbidas que teñades  respecto á nova normativa. Podemos axudarvos coas nóminas, modelos de contrato, etc. Xa sabedes que podedes contactar co servizo, por teléfono (982.120 739), por correo electrónico (cim@ribadeo.org) ou ben presencialmente  no Auditorio Municipal Hernán Naval, 1º andar.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta unha nova edición dos obradoiros “Dándolle a volta”

Coincidindo co comezo do novo curso escolar, O Observatorio da Mariña pola Igualdade presentou aos IES da Mariña os obradoiros “Dándolle a Volta”, unha serie de actividades que queren facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre as desigualdades existentes entre mulleres e homes. Esta campaña está dirixida ás e aos estudantes dos cursos de secundaria e máis de bacharelato e conta co apoio da Obra Social de La Caixa.

As actividades queren  favorecer e proporcionar un coñecemento crítico sobre os mecanismos de transmisión de roles e estereotipos na sociedade que nos leven a identificar as causas da violencia de cara as mulleres, os modos nos que se dá e os posibles xeitos de abordala para traballar a súa prevención.

Os obradoiros constan dun total de cinco módulos: a construción da identidade de xénero, os roles e estereotipos sexistas, a análise dos medios nos que nos socializamos, a violencia nas relacións e un último módulo adicado á construción dun blog,  por parte do alumnado,  no que irán plasmando as súas impresións sobre o aprendido.

No último trimestre do curso pasado “Dándolle a Volta” xa estivo no IES Marqués de Sargadelos (Cervo), no IES Perdouro (Burela) e no IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo).

Un desenvolvemento eivado. Desigualdades da muller na I+D+i

A desigualdade entre mulleres e homes tamén é unha realidade no eido do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Así o constata un estudo da área de igualdade da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia no que se evidencia que os homes  ocupan os postos máis relevantes, contan con mellores salarios, non precisan dun nivel de formación tan elevado para acceder aos postos de maior responsabilidade e o seu traballo conta cunha maior valoración social e unha maior importancia a nivel económico. No estudo tamén se evidencia que estas desigualdades non son percibidas polas persoas que traballan no sector da innovación, o desenvolvemento e a investigación.

A maior parte das mulleres que desenvolven as súas tarefas neste eido están satisfeitas co seu traballo, chegando a valoralo cun notábel alto. Din da súa profesión que fomenta a creatividade, o dinamismo, o traballo en equipo ou a relación con outras persoas. Poucas identifican as desigualdades ou discriminacións de xénero que se producen.

Unha das conclusións deste estudo é a discriminación horizontal que se detecta coa muller relegada a determinadas disciplinas que semellan unha prolongación do rol de coidado que tradicionalmente o patriarcado lle outorgou á muller. Isto dá lugar a carreiras e traballos feminizados, sobre todo nas áreas das ciencias sociais e xurídicas, humanidades ou ciencias da saúde con máis dun 60% de presenza feminina.

O resto do estudo pode atoparse no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.es/node/892