Arquivo por etiquetas: CIM

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo xa ten perfil nas redes sociais do facebook e do twitter!! Agardamos que nos sigades!! Contamos con todas e todos vós para esta nova aventura na rede!!

Estamos sumerxidas/os na era dixital, no século das novas comunicacións, onde todo nos chega nun instante, a información de calquer lugar do mundo,  a comunicación con persoas que están a miles e miles de kilómetros de distancia, …

Comentarvos que  a Concellaría de Igualdade xa ten un perfil na rede do Facebook e do Twiter, que leva por nome, o do blogue Ribadeo Muller. Buscádenos e seguídenos para compartir información, reflexións, para que nos fagades peticións, suxestións,críticas…

Pero, todo ten uns límites, e temos que saber usar as novas tecnoloxías. Hai que depurar e filtrar informacións ( non todas as páxinas teñen a información correcta ). Por exemplo, cando imos á ver á médica/o, e escoitamos algo fóra do normal, o primeiro que facemos en buscar en internet datos sobre a dolencia. Nin toda a información  que aparece na rede é boa desde o punto de vista científico, nin somos capaces de entender e interpretar os datos porque nos faltan coñecementos específicos para a súa interpretación.

Outro dos problemas que poden darse co mal uso, é o control  das persoas. Saber  o qué fai en cada momento a túa parella, tela controlada polo localizado xeográfico e convertindo eses datos no stándar de veracidade da relación, esquezéndonos do fundamental, da confianza como base de calquer relación e máis dunha de parella. Ese control, pode ser un indicativo de que a relación non é sana, e pode derivar nun futuro en posibel violencia psicolóxica, física… Así que tede coidadiño, e andade espertas, mantendo sempre a vosa autonomía, o voso espazo!!

Deixámosvos un corto sobre a utilización do whastapp para controlar a parella!!

” Nos anos do whatsApp, existe a lenda do  dobre check. Historia de amor co  WhatsApp como protagonista. Comedia
Director : Paco Caballero
Actores: Miki Esparbé e Mariam Hernández”

A información fainos máis libres. Comenza unha nova etapa do boletin Ribadeomuller

Escomenzamos unha nova etapa do boletín Ribadeomuller. Un boletín, que se enviará por correo electrónico, e  que se repartirá en lugares públicos do Concello, como os centros de ensinanza, escola de música, biblioteca, telecentro… Tamén chegará as parroquias, a través da vogal que represente a asociación de veciñas/os e para aqueles/as que estades inmersos no mundo dixital poderedes velo no noso blogue Ribadeomuller.

 O Ribadeomuller, saliu  a rúa en outono do ano 2006. Fixo cinco anos da súa publicación  que se foi transformando  e adaptando as circuntancias co paso do tempo. Nos seus inicios era unha revista, despois pasou a ser un xornal, e finalmente o ano pasado, en xullo do 2010, ante a imposibilidade económica de mantér o  formato papel  convirteuse nun blogue:  blogue “Ribadeomuller”. Agora, queremos  seguir mantendo ese blogue, pero ademais queremos completalo con este  boletín  de catro páxinas que recompile todas as actividades que se oferten desde a Concellería de Igualdade, e as novas relevantes para ás mulleres.

 A información é unha garantía para  facer mulleres, e persoas máis libres, máis sabias.

 O Ribadeomuller blogue, e o Ribadeomuller boletín, que terá unha periocidade mensual están a túa disposición. Podes realizar calquer suxerencia, opinión, reflexión, ….   Ti tamén podes participar no Ribadeomuller!!

newsletter_RM_1

Presentación pública do blogue Ribadeomuller

O pasado venres apresentouse publicamente  o blogue no que levamos traballando ao longo do mes de xullo. A partir de agora iremos actualizando e incorporando as novas que se xeren. Queremos que este bloque sexa participativo e que interactúe con todas e todos vós que o leades, asi que agradecemos calquer suxerencia.

Como sinalou a  concelleira da Muller  na presentación “trátase dunha maneira máis de difundir a actividade que se está facendo dende o Centro de Informacion á Muller no ámbito da muller e da igualdade. Parécenos que as novas tecnoloxías son algo que forman parte do noso mundo, da nosa cultura e que é positivo empregar a rede para difundir a actividade que se esta facendo tanto desde a propia institución municipal, neste caso desde o CIM e desde a propia Concellaría, como desde outros ámbitos, chámese Secretaría Xeral de Igualdade ou Ministerio de Igualdade, é dicir todas aquelas entidades que traballan a prol de conquerir a igualdade e o traballo coas mulleres”.

Tamén nos permite o blogue “ interactuar con outros lugares e que poidamos aprender e estar en conctacto con outra xente, especialmente a través do espazo adicado a comentarios” como explicou Suso López, un dos promotores do Blogue.

Agardamos que vos guste e sexa útil.

Xa está dispoñíbel no blogue a guia para mulleres inmigrantes “A información fainos máis libres”"

Aproveitar a diversidade como elemento de enriquecemento e non de división. Con este obxectivo e baixo o título A información fainos máis libres nace a guía para mulleres inmigrantes editada pola Oficina de Inmigración e máis o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Ribadeo. Nela recóllese información útil para facilitar a súa integración ás mulleres que elixen a vila ribadense como lugar para emprender novos proxectos de vida. Na guía pódense atopar  cuestións relativas aos procesos de regularización administrativa, os dereitos cos que contan, as obrigas que lles afectarán, prestacións económicas que poden ser do seu interese así coma os recursos dos que dispoñen no Concello de Ribadeo.

A necesidade desta guía é evidente pois segundo os datos dos que se dispón: “a maioría das persoas que teñen a condición de inmigrantes son ademais mulleres, e na maioría das ocasións mulleres con cargas familiares no país de chegada ou no de orixe”.

Está redactada en diferentes idiomas, que son os que se utilizan nos países de procedencia das mulleres imigrantes.( galego, español, inglés, ruso, árabe e portugués que conxuntamente co galego pode ser de axuda para aquelas  persoas procedentes de Portugal ou das áreas lusófonas, por exemplo Brasil…).

Alén de estar dispoñíbel nas dependencias do CIM e máis da Oficina de Inmigración, no Auditorio Municipal Hernán Naval, primeiro andar, dende hoxe pódese atopar tamén no apartado de recursos deste blogue.



Ribadeo obtén o certificado EFR Municipio

A concelleira da Muller, Mari-Luz Álvarez Lastra, e máis a responsábel do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo, Luísa González, recolleron onte xoves en Madrid o certificado EFR Municipio que a Fundación Más Familia entregou por vez primeiras a seis concellos de todo o Estado. Alén do documento outorgado a Ribadeo tamén lle foi concedido aos municipios de Calviá (nas Illes Balears), Granada, Palencia, Pozuelo de Alarcón e Salamanca, todos eles cun número maior de habitantes cá localidade ribadense.

O certificado EFR Municipio garante, logo dunha auditoría externa realizada pola empresa AENOR, o nivel máis alto de compromiso por parte do Concello de Ribadeo coa conciliación, a igualdade de oportunidades e máis a responsabilidade familiar. Á hora da súa concesión téñense en conta as accións dirixidas tanto á cidadanía como ás empresas ou ás empregadas e empregados municipais.

Na súa intervención durante a entrega de certificados, Mari-Luz Álvarez Lastra puxo a Ribadeo como exemplo dun Concello comprometido “de pleno coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. A titular de Muller, Cultura e Educación repasou as campañas postas en marcha a través do CIM así como a aposta decidida “por erradicar calquera comportamento, sexa cal sexa o ámbito do que se fale, que fomente a discriminación da muller ou que lexitime condutas machistas“.

A Fundación Más Familia destacou que  ”certificado EFR Municipio evidencia unha mellora na calidade de vida da cidadanía e outorga ao concello que o recibe unha maior reputación como lugar tanto para vivir coma para traballar”.