A gran expectación foi a nota detonante do acto do día 8 de marzo, que comenzaba coa presentación da curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén” e remataba co concurso de guións cinematográficos e coa VII edición ca campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos ” Un futuro por compartir en igualdade”. E o resultado parece que non decepcionou ao público. Contámosvos cómo foi esa gala no Cine -Teatro.
Empezou a gala cunha acción reivindicativa na que as mozas e mozos portaron unhas letras nas que instaban ás mulleres a defender os seus dereitos ” muller bonita é a que loita”. Despois as mozas integrantes da banda “La Ley de Hooke subirónse ao escenario e interpretaron a canción de Credence e a canción composta para a curta ” Os tempos cambian as persoas tamén”. Esta canción foi composta pola batería e voz do grupo, Carmen Rodríguez, quén tamén fixo a letra da canción contando coa colaboración de Víctor Rivas e Arón Pico.
A Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra comenzou explicando todo o proceso de traballo que se fai cos centros educativos até chegar a este paso final o da presentación da curta. Entregáronse os diplomas as e os trece finalistas e posteriormente Iago, Bruno e Alejandro pasaron a falar da experiencia que lles supuxo participar na rodaxe dun guión escrito por eles. O guión gañador foi escrito por estos tres rapaces e versaba sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.
Proximamente colgaremos á curta na rede para que todas e todos poidades visionar este magnífico traballo. Os nosos parabéns para as e os finalistas, para o alumnado participante e para o profesorado e as orientadoras que traballan no día a día para que este proxecto saia adiante.






