O Ministerio de Igualdade e máis a Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e os Delitos (UNODC) puxeron en marcha a campaña Corazón Azul para sensibilizar contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual. As embaixadoras desta campaña no Estado español son as actrices Mira Sorvino e Belén Rueda e máis a escritora mexicana Lydia Cacho.
O vídeo da campaña xa se pode ver nas diferentes canles de televisión e agora tamén aquí, no blogue Ribadeo Muller.