No contexto actual no que estamos inmersas as novas tecnoloxías poden abrirnos portas a novas formas de negocio, diversificación e mellora da competitividade das actividades empresarias.
O Concello de Ribadeo, a través das áreas de Desenvolvemento local e Igualdade en colaboración co programa Avanza pretende pór en marcha un proxecto – piloto dirixido a mulleres, co obxecto de fomentar novos proxectos empresariais baseados no comercio electrónico.
O proxecto desenvolvérase en Ribadeo ao longo de 2012 e ten coma fin principal:
- Formar e capacitar no uso das TICs, en metodoloxías e técnicas en comercio electrónico, en marketing, na área de loxísticas co obxecto de xerar novos proxectos empresariais viables e sostibles.
- Asesorar e realizar un seguimento, para a posta en marcha de novas formas de negocio baseados na comercialización de productos a tráves das novas tecnoloxías.
Poderán participar no proxecto mulleres; emprendedoras, desempregadas así coma mulleres en activo que desexen iniciar unha nova actividade ou abrir novos canles de comercialización, baseados no comercio electrónico.
O prazo para participar no proxecto estará aberto ata o vindeiro xoves 3 de maio, e para obter máis información podedes poñervos en contacto con:
Área de desenvolvemento Local: 982128650 ou adl@ribadeo.org
Centro de Información das Mulleres: 982120739 ou cim@ribadeo.org





