“ABORDAXE INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO DENDE O ÁMBITO LOCAL”
Esta actividade está dirixida a persoas que traballan coas vítimas da violencia machista, dende profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de igualdade, avogados/as, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policía Local, persoal sanitario e alumnado con interés profesional no tema. Dende a Comisión Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo seguimos traballando e afondandando nos mecanismos que propician a violencia de xénero para poder artellar medidas de prevención. Queremos seguir mellorando o noso xeito de actuar para facilitar e axudar ás mulleres que sofren esta lacra. Así mesmo, cremos na formación das e dos profesionais que traballan neste eido como a mellor ferramenta para facilitar unha atención de calidade de aí a posta en marcha destas xornadas.
I xornada – 25- 26 de abril de 2008.
II xornada- 15-16 de maio de 2009.
III xornada- 23-24 de abril de 2010.
IV xornada- 29-30 de abril de 2011.



