Foros permanentes para as mulleres

Unha das actividades con mellor acollida entre as mulleres ribadenses, tanto da vila coma das parroquias. Celébranse de xeito anual, nos meses de primavera e máis de outono, e queren ser un lugar de encontro, información e debate arredor daqueles temas que afectan de maneira maioritaria ás mulleres. Dan man de profesionais de cada unha das materias tratadas abórdanse problemáticas femininas na procura de técnicas ou actitudes que favorezan o coidado e o mantemento da saúde da muller, entendendo a saúde coma un factor moi significativo no proceso cara a igualdade.

Dende o ano 2005 téñense realizados foros arredor de temas coma: “Nutrición para a sáude”, “A vacina do cancro de útero”, “Muller e drogas”, “Obradoiro de autocoidado”, “Envellecemento e calidade de vida”, “Primeiros auxilios no fogar”, “Taller de memoria”, “Técnicas para previr a depresión” así coma talleres de risoterapia ou foros para debatir sobre o papel da muller como coidadora das persoas dependentes.

Edición de 2009 – folleto informativo: