Comenzamos marzo lendo Cartografías do derrubo

E comenza o mes de marzo e aproveitamos para facer a recomendación literaria do mes como ven sendo habitual neste blogue desde o verán.  A nosa suxerencia, é o libro Cartografías do derrubo.  É un recopilatorio de artigos  sobre actualidade  que escribiu Carme Adán como colaboradora dun xornal.  Ademais, hoxe temos ocasión de asistir  á presentación desta obra na Casa das Letras ás 20.00h nun acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Difusora de  Letras,  Arte e Ideas

Respecto, a autora do libro,  Carme Adán, é  filósofa, ensaísta, política e doutora en Filosofía pola USC. Catedrática de filosofía de ensino secundario. presindenta da Aula Castelao desde 1997 até o 2005, e na actualidade Presidenta de honra da mesma. Autora de obras de cáracter pedagóxico e didáctico como a Autonomía e heteronomia ( 1995), Os feminismos ( 1995), colaboradora en obras colectivas como Estudios de lógica borrosa y sus aplicaciones, Filosofía e Xénero e Género y ciudadanía. Traductora xunto con  Mª José Agra do libro Ecología y feminismo (1998). En 2003 publica Feminismo e coñecemento, da experiencia das mulleres ao ciborg, traducida ao castelán no 2006. Desde o 2005 até o 2009 foi Secretaria Xeral de Igualdade no goberno galego.

Na presentación tamén se fará unha reflexión conxunta sobre política, mulleres e xornalismo. O escaso papel e presenza das mulleres nos medios de comunicación como colaboradoras, como xefas de área, como directoras dun medio….. Carme Adán estará acompañada pola xornalista Lucía L. Bayo, o editor Xavier Paz, a presidenta do Observatorio Luísa González e a Concelleira de Igualdade de Ribadeo, Mariluz Álvarez.

Deixóvos o convite, non dubidedes en asistir!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s