“Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade “
Co galo, da VII edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade” o Concello de Ribadeo convocou unha nova edición do concurso de guións cinematográficos para empregar o cine como ferramenta para a promover a igualdade de xénero.O cine preséntase como unha das mellores ferramentas de aprendizaxe para a elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais e programas innovadores. Creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar a cidadanía. A finalidade do programa era sensibilizar a mocidade da asunción das responsabilidades domésticas e da ruptura cos patróns patriarcais ecrenzas discriminatorias cara ás mulleres, que son o xerme da violencia de xénero.
O concurso ía dirixido ao alumnado da ESO dos centros educativos do Concello de Ribadeo. Houbo un total de 15 guións presentados ao concurso, co cal arredor de 50 alumnas/ os participaron activamente neste concurso.Os traballos finalistas foron os guións destes grupos :
- 1º PREMIO: OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN (3º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
- 2º PREMIO: AS AVENTURAS DE ISABEL E A SÚA FAMILIA ( 1º ESO A ) IES Porta da Auga
- 3º PREMIO: MULLER POR OBRIGACIÓN ( 2º ESO A) Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
- 4º PREMIO: CADA UNO EN SU SITIO ( 3º ESO A) IES Porta da Auga
- 5º PREMIO: CONTO CON VÓS (2º ESO) Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
Andamiaxe fixo unha preselección dos guións dos 15 guións apresentados, quedando 5 guións finalistas e gañadores do concurso. Despois, un xurado especializado valorou os 5 guións finalistas para elixir o guión gañador do concurso. A principios de febreiro levouse a cabo rodaxe da curta seleccionada para a súa gravación, reproducción e difusión, e da que posteriormente se elaborará unha unidade didáctica para traballar co estudantado nos centros educativos.
E o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co Dia das mulleres, ás 20:00h no Cine- Teatro terá lugar a entrega dos premios aos 5 grupos finalistas e a proxección da curta “ Os tempos cambian e as persoas tamén”. E agardemos que o día das mulleres deixe de ser unha xornada de reivindicacións pendentes por conquistar e pase a ser unha data conmemorativa de festa e de lembranza ás mulleres e homes que pularon póla igualdade. Soños, esperanzas e ilusións que agardemos que un 8 de marzo cercano se fagan realidade .






