Os medios de comunicación siguen adicando un espazo ínfimo ao deporte feminino e, en xeral, os éxitos das nosas deportistas non son recoñecidos pola sociedade.
Máis O blogue Ribadeomuller pretende visibilizar a presenza das mulleres en todos os lugares onde está, valorizar o seu quefacer nos diferentes sectores. E tamén queremos contribuír desde esta plataforma a unha equidade na valoración das mulleres nos postos decisorios, públicos, etc. Ben sabedes,que as mulleres, no mundo público temos que demostrar dobremente a nosa valía,
Pois ben, desta volta queremos felicitar a pilota de motos Laia Sanz que ven de proclamarse campeoa na clasificación feminina do Rally Dakar 2012, por segunda vez na súa carreira, sendo a única muller que deu finalizado a carreira na súa categoría e repite o 39 posto do ano pasado. A catalana, Laia Sanz é campiona do mundo de Trial en dez ocasións.
Laia Sanz debutou no 2011 por primeira vez no Rally Dakar, unha das competicións deportivas máis duras de todo o mundo. O ano pasado eran 13 mulleres as que competían e Sanz a máis xoven e logro acadar o liderato na challener feminina e quedou de 41.
Preguntada po la pouca presenza de mulleres no rally : “Creo que pode axudar o feito de que outras mulleres se animen e, cantas máis haxa, máis se animarán outras mozas. Tamén serviron de exemplo á prueba Annie Seel, que corre desde fai moitos anos, e Tina Meier… si se demostra que no Dakar as mulleres tamén podemos correr e ser competitivas, nun futuro correrán máis”.
Segundo a campeona mundial de trial este resultado esconde moito esforzo. “Estou máis satisfeita este ano que o anterior. Foi un rally moi duro nalgunhas fases e as circunstancias que me tiven que vivir na carreira complicaron todo un pouco máis. Síntome moi satisfeita cómo pilotei e naveguei. Coido que din un paso adiante moi importante.
